Un estudo sobre o poeta galego José Ángel Valente, premio á mellor tese de Humanidades en Italia

A Universidade de Trento premia a tese de Elsa Paredes Bertagnolli, co-dirixida na Universidade de Santiago polo profesor Claudio Rodríguez Fer.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/05/2016 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A italiana Elsa Paredes Bertagnolli é a autora da mellor tese presentada no último ano académico na Escola de Doutoramento en Estudos Humanísticos da Universidade de Trento. O seu traballo supón unha importante contribución ao estudo do poeta e ensaísta galego José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Xenebra, 2000) e á relación entre arte e poesía.

Os profesores Rodríguez Fer e Pietro Travacci, con Elsa Paredes, autora da tese sobre Valente premiada en Italia
Os profesores Rodríguez Fer e Pietro Travacci, con Elsa Paredes, autora da tese sobre Valente premiada en Italia | Fonte: USC.

Baixo o título ‘Os camiños ecfrásticos da palabra ao borde da vista: Valente, Durero e o «ovillo negro» de ‘Interior con figuras’, a tese foi dirixida polo profesor na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, Claudio Rodríguez Fer, e polo director do Departamento de Lingüística e Filoloxía da Universidade de Trento, Pietro Taravacci.

Por este traballo, Bertagnollirecollerá o galardón á mellor tese do ano o vindeiro sábado, no marco dunha cerimonia que se celebrará na Praza Duomo de Trento, informa a USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta