A vida na Universidade de Santiago, en 360º de realidade virtual

Alumnos de 4º de Xornalismo dirixidos polo profesor Manuel Gago presentan 'USC360', un documental en catro pezas realizado con técnicas innovadoras.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/05/2016 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

USC360 é un conxunto de catro pezas documentais sobre a vida, a cultura, a ciencia, o deporte e a historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O que fai diferente este traballo é que foi gravado en 360º para unha experiencia en realidade virtual, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realizan en Galicia.

Captura dunha das pezas do documental 'USC360' nos laboratorios da Universidade de Santiago
Captura dunha das pezas do documental 'USC360' nos laboratorios da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentaron este xoves o documental na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Tras explicar as características do proxecto e da tecnoloxía empregada, o documental foi presentado coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitiu aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.

O documental fai uso de tecnoloxía xa empregada en medios diversos medios de comunicación nacionais e internacionais como forma de enriquecer e expandir a experiencia dos usuarios na súa aproximación a determinadas realidades. Neste senso, os autores explicaron que a realidade virtual está a facerse un oco en case todos os campos do entretemento e a comunicación, dende videoxogos e series de realidade aumentada ata reportaxes e noticias, de xeito que o público séntese inmerso no lugar dos feitos.

VÍDEOS EN 360º

Os seguintes vídeos, producidos na USC para ser vistos con lentes de realidade virtual, pódense ver en 360º movendo os cursores situados no extremo esquerdo superior. 

O documental 'USC360' achégase a diversos espazos simbólicos da Universidade de Santiago, como o Colexio de Fonseca
O documental 'USC360' achégase a diversos espazos simbólicos da Universidade de Santiago, como o Colexio de Fonseca | Fonte: USC.

Historia da USC

Cultura na USC

Ciencia na USC

Deporte na USC

A presentación do documental 'USC360' completouse cunha sesión con gafas de realidade virtual
A presentación do documental 'USC360' completouse cunha sesión con gafas de realidade virtual | Fonte: USC.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta