Sánchez incorporará á número dous de Besteiro nun futuro goberno

Pilar Cancela encargariase da área de Agricultura se o líder socialista chega a ser o vindeiro presidente do goberno.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 15/05/2016 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Pedro Sánchez, incorporou a Pilar Cancela, actual presidenta da xestora do PSdeG e número dous do anterior secretario xeral deste partido, José Ramón Besteiro, ao equipo coas vistas postas na posibilidade de que poida formar parte dun futuro goberno.

Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG
Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG | Fonte: psdeg-psoe.org

De feito, Cancela levará agricultura, unha área moi vinculada con Galicia. A dirixente socialista volverá ser cabeza de lista pola Coruña para os comicios do próximo 26 de xuño.

O líder socialista fixo este anuncio en Barcelona onde deu a coñecer o seu "goberno na sombra". Neste futuro executivo tamén figuran o número dous na lista por Madrid ao Congreso, a xuíza Margarita Carballos, que se centrará nos asuntos de xustiza, e da fichaxe xa coñecida do exministro Josep Borrell, que se ocupará de política exterior.

A ese equipo súmase tamén o senegalés Luc André Diouf, presidente da Federación de Asociacións Africanas en Canarias (FAAC), co fin de que asesore sobre os asuntos de inmigración.

Respecto ao 'comité de sabios' da anterior campaña, tamén entran a alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona), Núria Parlon, para asesorar sobre políticas sociais; a deputada galega Pilar Cancela (agricultura); a parlamentaria autonómica madrileña Ana García D'Atri (cultura) e o tamén deputado e catedrático de Dereito Constitucional, o andaluz Gregorio Cámara (reforma constitucional).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta