Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/05/2025 | Actualizada ás 10:29
Renfe acaba de anunciar que xa están á venda os billetes para viaxar a partir do 9 de xuño polo corredor de Alta Velocidade Galicia - Madrid. Trátase dunha nova oferta con máis trens da serie 106 en circulación, en substitución dos tradicionais Alvia.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reiterara este luns que a venda de billetes no corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid, con mellora dos tempos de viaxe e aumento de número de prazas, sairían á venda "nos próximos días".
Todo iso despois de que o Ministerio avanzase que Renfe disporá de máis trens S106 AVE e Avlo, en substitución dos tradicionais Alvia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.