PSA-Citroën anuncia investimentos millonarios en Vigo

Di que destinará 700 millóns nas súas de Vigo e Madrid ata 2020, pero aposta por un goberno "estable" no Estado que apoie ao sector do automóbil.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/05/2016 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O grupo multinacional francés PSA-Citroën segue confiando nas plantas que ten no Estado, principalmente, a de Vigo. Así o anunciou o presidente executivo do Grupo PSA, Carlos Tavares, ao asegurar que a compañía ten previsto investir uns 700 millóns de euros en Vigo e Madrid, ata o ano 2020, como parte do compromiso do consorcio coa súa actividade na Península Ibérica.

Planta de PSA Citroën en Vigo
Planta de PSA Citroën en Vigo | Fonte: citronoticias.com

Tavares resaltou que estas dúas plantas  producen ao redor de 500.000 vehículos ao ano, dos que o 90% se exporta a outros países, cun valor duns 5.000 millóns de euros.  Explicou que a nova estratexia para o período 2016-2021, denominado 'Push to Pass', contempla aumentar a facturación un 10% para 2018 e outro 15% para 2021, así como lograr unha marxe operativa da división de automóbiles do 4% en 2018 e do 6% en 2021.

Ademais, suliñou que o mercado español conta coa suficiente demanda interna para posicionar ao país no lugar que lle corresponde polo seu potencial económico e social, polo que resaltou que a estabilidade e o apoio dos gobernos ao sector do automóbil "son vitais" para seguir traballando con éxito, creando riqueza e emprego en España.

"O Grupo PSA ten un forte apego por España, o que significa que invertemos permanentemente para impulsar o noso sistema industrial en termos de competitividade e rendemento ao servizo de tres marcas fortes que se benefician da nosa 'joint venture' co Banco Santander", engadiu.

Por outro lado, o máximo responsable da corporación francesa subliñou que cando se converteu en responsable do Grupo PSA a situación era crítica, aínda que había potencial, e afirmou que o plan estratéxico 'Back in the Race' permitiu recuperar a viabilidade da empresa nun tempo marca, facendo que en 2015 volvese aos 'números negros'.

Ao mesmo tempo, o directivo apuntou que a súa compañía é líder en Europa en baixas emisións de CO2 da súa flota, con 104 gramos por quilómetro de media, ao tempo que foi pioneiro ao presentar os datos de consumo en condicións reais de utilización dos seus vehículos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Balaidos

Unha vergoña. O presidente da Xunta falando en castelán e o de Citroen en francés. Que metan o coche por onde lles colla. O primeiro é o galego. Hai que expropiar multinacional. Igual que o hospital de nome fascista.