Logo dun sábado de verán, chega a chuvia nas provincias da Coruña e Lugo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2025 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Galicia estará este domingo en alerta por choivas en varios puntos das provincias da Coruña e de Lugo, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Desta forma, o centro de Lugo en alerta laranxa por treboadas que poden ir acompañadas de sarabia e por precipitacións acumuladas que poden chegar aos 30 mm nunha hora.

Así mesmo, a zona da Mariña, da montaña de Lugo, o noroeste e interior da provincia da Coruña estarán en aviso amarelo por precipitacións e treboadas. Os avisos comezará ás 15.00 horas da xornada do domingo e durarán ata lle medianoite.

Segundo Meteogalicia, perderase a influencia anticiclónica e haberá ceos con nebulosidade de tipo medio alto. Pola tarde aumentará a inestabilidade atmosférica e as temperaturas mínmas acenderán lixeiramente mentres que as máximas non sufrirán grandes cambios.

Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés / Elena Fernández / Europa Press
Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés / Elena Fernández / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta