O debate electoral apreta a Feijóo

A decisión do PP de forzar ata o último momento a participación do seu líder no debate electoral da TVG comeza a preocupar na sede popular, máxime cando a CRTVG acada de remitir un ultimatum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/02/2009 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

None

Hai quen lle aconsellou ao líder popular que rexeite o convite, que non vaia aos platós da TVG o vindeiro venres, pero outros dirixentes próximos a Feijóo xa dan por feita a súa asistencia. Non acudir a cita podería volverse na súa contra. Os populares sempre poden denunciar o uso partidista dos medios e o propio Feijóo pode utilizar ese debate para denunciar esta manipulación no primeiro turno da súa intervención. Pero se non acude, esta estratexa volverase na súa contra. Socialistas e nacionalistas, e a propia TVG, acusarano de non respetar os procesos democráticos e de intentar impoñer a súa opinión á forza. Un argumento que, tal e como está a situación dos indecisos, non axudaría, en nada, na súa estratexa de acurrarlar ao bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

21 Mocho

O PP apretado? esta solto de carallo que sabe que vai gañar!! o medo o teñen outros!!

20 anónimo

Para sectas o BNG, os que nunca fan nada mal

19 Bule bule

Feijoo que pensa?? Imaxinade que consegue maioría absoluta...que cre?? Que no parlamento o BNG e o SOE van a turnarse para facerlle oposición?? Irán o pescozo os dous...Con isto está demostrando que non pode defende-las súas ideas. Que se preocupe que Corina Puerro, que esta quere ser a Esperanza Aguirre de Galicia...

Outra cousa son os flipados de UPyD. A ver se deixan de dicir tontadas. Que Rosa de España NON SE PRESENTA!! Que ten que vir a debater en Galicia??? Que o fagan os pusilánimes que presentan en Galicia, que parecen mudos. Si os propios simpatizantes desta secta, nin os nomean, pois como comprenderades os demáis non o imos facer...

18 garcaxiana

Pareceme ben que feijoo non vaia a un debate entre tres candidatos ¿porque non podemos ver os galegos tres debates? Eu quero ver Feijoo Vs Touriño, Feijoo Vs Quintana, Touriño Vs quintana...¿porque teñen medo quintana e touriño a debater cara a cara de un a un?

17 anónimo

Así son os do PP, falsos e mentireiros, por iso non queren debatir.