O debate electoral apreta a Feijóo

A decisión do PP de forzar ata o último momento a participación do seu líder no debate electoral da TVG comeza a preocupar na sede popular, máxime cando a CRTVG acada de remitir un ultimatum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/02/2009 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

None

Hai quen lle aconsellou ao líder popular que rexeite o convite, que non vaia aos platós da TVG o vindeiro venres, pero outros dirixentes próximos a Feijóo xa dan por feita a súa asistencia. Non acudir a cita podería volverse na súa contra. Os populares sempre poden denunciar o uso partidista dos medios e o propio Feijóo pode utilizar ese debate para denunciar esta manipulación no primeiro turno da súa intervención. Pero se non acude, esta estratexa volverase na súa contra. Socialistas e nacionalistas, e a propia TVG, acusarano de non respetar os procesos democráticos e de intentar impoñer a súa opinión á forza. Un argumento que, tal e como está a situación dos indecisos, non axudaría, en nada, na súa estratexa de acurrarlar ao bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

11 Marga

Cuando gobernaba el PP núnca hubo debates. ¿También era por miedo a que fuesen dos contra uno? ¿Porqué en el País Vasco los del PP piden que se haga un debate a tres? ¿Será que allí no tienen nada que perder y aqui sí?
Creo que a Feijóo le viene grande lo de 009 ya que está demostrando ser un cobarde pues si tienes un programa que crees que es el mejor para gobernar Galicia y tienes argumentos contundentes, no difamaciones que no se pueden demostrar, te da igual debatir con 3 que con 3.000.
Vota Upyd

10 Xoan

Pareceme lóxica a postura de Feijo, sobre todo despois do pacto de Quintana e Touriño de non atacarse durante a campaña(nova de onte na prensa).
Que esperaban que fora o matadeiro?. Dous contra un.
E da TVG mellor non falar que primeiro na época de Fraga e agora con Roberto Cid á cabeza dos informativos estamos servidos...ah e non esquecer a Radio Galega voceira oficial do BNG, ou mellor de Quintana, a través do seu xefe de informativos- mais coñecido como Talibán.

9 vicenzo

por min, como se se operan: non penso ver o menage a trois, a deux nin a un. Que lles dean!

8 distensión

Deberían ceder TODOS.Feijóo ir ó menage à trois e os outros dous debater un a un con todos.Coido que estaría ben interesante que Touri e Quin reproduciran con espectadores as liortas que tiveron nestes últimos catro anos.

7 fistro

eu nunca votei ao pp nin tampouco desta o vou facer. agora ben, feixoo ten moita razón nos seus plantexamentos. por qué non un debate cara a cara entre o lider do partido máis votado con cadanseu dos líderes dos partidos do bipartito? e despois, un a tres cos tempor repartidos exactamente segundo a representatividade de cada un dos tres partidos?

non será que o que pretendía o quintanlla era soslaiar as súas contradicións, incoherencias e chapucillas guvernamentais, levando o debate ás suas letanías de sempre e, de paso, valerse da axuda do seu protector, touriñin, para facela pinza contra quen non qoverna?

trátase de examinar á oposición ou analizar as accións de governo do bipartito?

algúns listiños coma o quintanilla seguen a pensar que a maioría dos galegos somos parvos ...