Temas: DRON

Drons galegos para dar seguridade a empresas de Honduras

É o modelo 'Predator Spartan' que pode estar equipadocon armas, con sensores de vixilancia e evacuación ou con sistemas de control terrorista.

Por GC Emprende | Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A empresa galega Aerocamaras participou, xunto á compañía de seguridade de Honduras Spartan, nun curso de formación en materia de seguridade con drons galegos nas instalacións que ten esta empresa hondureña ten en Tegucigalpa.

UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia
UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia

Nun comunicado, a empresa destacou que o adestramento se dividiu en varias partes: seguridade VIP con drones en vehículos; tipos de reacción dende vehículos con drons (armas curtas e longas); operativo a pé de vixilancia e evacuacións. Os drons galegos tamén estiveron presentes en accións relacionadas co control perimetral de edificios e controis terroristas. Para realizar os adestramentos, a empresa utilizou o modelo 'Predator Spartan'.

Este curso, conforme recordou Aerocamaras, prodúcese nun momento no que o Goberno galego deu luz verde á instalación dunha fábrica de drons nas Rozas (Lugo) como un polo industrial e de desenvolvemento tecnolóxico para aeronaves civís non tripuladas (drons) coas multinacionais Indra e Inaer.

Con todo, a empresa asegurou que, a pesar de que xa hai leis referentes aos RPAS, empresas españolas e galegas seguen pendentes da aprobación definitiva dunha normativa para a utilización de drones. Nos últimos anos, estes aparatos popularizáronse nos últimos anos no ámbito de seguridade xa que se trata dun sistema de vixilancia menos visible que os avións e poden permanecer no aire durante máis tempo que estes últimos.

Temas: DRON
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta