Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 13:24
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este luns unha resolución para nomear 789 prazas fixas de técnico en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) e otas 196 de persoal de xestión e servizos (PSX, polas súas siglas en galego). En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos que pon fin a este proceso de concurso-oposición convocado en decembro de 2022.
Isto implicará a incorporación ao Sergas dun total de 985 persoas con posto fixo. A gran maioría serán TCAE, con 789, das que 707 accederon pola quenda de acceso libre, 26 por promoción interna, 43 por discapacidade xeral e 13 por discapacidade intelectual.
En canto ao PSX, incorporaranse 196 traballadores: 83 pola quenda de acceso libre, 90 por promoción interna, 9 por discapacidade xeral e 14 por discapacidade intelectual. Por áreas sanitarias, a da Coruña-Cee é a que máis persoal incorporará, con 193 TCAE e 50 PSX. Séguenlle a de Vigo, con 164 e 40; e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 140 e 20, respectivamente. A de Santiago-Barbanza suma 98 TCAE e 30 PSX; a de Lugo-A Mariña-Monforte 97 e 22; a de Pontevedra-O Salnés 73 e 20; e a de Ferrol, 24 e 11, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.