Temas: UPYD ELECCIóNS

UPYD presentarase ás eleccións galegas, pero só en Pontevedra

Este partido iniciará nas próximas semanas unha rolda de contactos con colectivos e institucións co fin de definir “un programa electoral sólido para Galicia”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

UPYD non quere, aínda, tirar a toalla en Galicia. A súa militancia decidiu, cando menos, presentarse ás autonómicas, aínda que só por unha provincia, a de Pontevedra. “Consideramos que Galicia necesita unha verdadeira forza de centro que vele polos intereses dos galegos, algo que só UPYD representa”, apunta esta formación nun comunicado.

A ex coordinadora de xestora de UPyD en Galicia, Ana María Alonso, e membro do actual Consello Territorial de Galicia
A ex coordinadora de xestora de UPyD en Galicia, Ana María Alonso, e membro do actual Consello Territorial de Galicia

Deste xeito, a partir das próximas semanas, este partido manterá reunións con distintos colectivos, institucións e organizacións para definir un programa marco para Galicia.  Un programa que, di,  seguirá contemplando a fusión de municipios para optimizar os recursos dos mesmos; un especial coidado pola sanidade, educación e o emprego; así como medidas para protexer e estimular  o medio rural e mariño.

UpyD levará a cabo estas eleccións cun novo Consello Territorial en Galicia, que conta con Enrique Lareo como coordinador e con Miguel Brasa como responsable de organización. Tamén conta, ademais, coa anterior coordinadora territorial, Ana Alonso así como pola ex candidata ao senado, Elena Español.

Temas: UPYD ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fueraespañoles

ya lo definio rosa diez cuando dijo lo que dijo de l.os gallegos como sabe que en pontevedra la mayoria son de fuera de galicia porque para hablar gallego no pero para venir a comer a galicia y a robarle el trabajo a los gallegos para eso si estan los españoles por eso se presenta. visca catalunya lliure