O PP defende o pacto de Elena Candia con Manuel Martínez

“Candia seguro que está facendo o mellor para a provincia e o ben para os veciños”, asegura Alfonso Rueda sobre o pacto que mantén a líder do PPdeG en Lugo e o deputado en trámite de expulsión do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Será o PSOE o que ten que explicar por que o señor Martínez lle vale para unhas cousas e para outras non; por que nuns momentos é moi válido e noutros está en proceso de expulsión e non se pode contar con el para nada”. Así contestou este xoves o vicepresidente da Xunta e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, a unha pregunta do GC sobre os acordos que mantén a líder do PPdeG en Lugo, Elena Candia, e o deputado con expediente de expulsión do PSdeG, Manuel Martínez.

Reunións secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo
Reunións secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo

Uns acordos que teñen, entre outras cuestións, paralizado o funcionamento da Deputación de Lugo ao impedir, no último pleno, que se aprobaran os orzamentos. Sen embargo, para Rueda, non hai ningún acordo porque lembrou que o PSOE asinou o pasado ano e co apoio dese deputado díscolo unha moción de censura para arrebatar á popular o bastón de mando á que el promovera, inicialmente, coa súa abstención.

“O que lle pido a Candia e, seguro que o está facendo, é que faga o mellor para a provincia fronte á parálise do actual goberno", engadiu Rueda. “Seguro que fai acordos polo ben dos veciños e lamento que o presidente da deputación non o vexa así”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta