Lugo e A Coruña, os piares da vitoria de Leiceaga

O novo candidato socialista a Xunta impúxose claramente nestas dúas provincias e tamén nas cidades de Lugo, Ferrol, Vilagarcía, Ourense e Pontevedra. Case empatou en apoios en Ourense, onde se debilita a influencia de Pachi Vázquez, e perde na de Pontevedra, onde Vigo decidiu a balanza a favor de Méndez Romeu.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 29/05/2016 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

As Primarias do PSdeG acaban de servir para facer unha radiografía do estado deste partido. O vencedor do proceso, Xaquín Fernández Leiceaga, impúxose por 700 votos nunhas eleccións moi igualadas que acabou gañando polo 55% dos sufraxios.

Xaquín Fernández Leiceaga
Xaquín Fernández Leiceaga

Leiceaga gañou no espazo urbano, semiurbano e rural. Perdeu en cidades importantes como A Coruña, Santiago e Vigo, pero gañou no resto. Tamén se impuxo en cabeceiras de comarcas importantes e en zonas rurais.

Así, na A Coruña, Leiceaga obtivo 1.334 (64,1) e Méndez 834 (35,9); Lugo, Leiceaga 924 (64,4%) e Méndez 510 (35,56%); Ourense, Méndez Romeu 479 (51,91%) e Leiceaga 443 (48,05%); e Pontevedra, Méndez Romeu 1.093 (57,56%) e Leiceaga 806 (42,44%).

O novo candidato socialista impúxose claramente nas provincias de Lugo e A Coruña, case empatou na de Ourense e perdeu na de Pontevedra, en parte, polos votos de Vigo, que segue sendo un dominio absoluto de Abel Caballero, a pesar de que alí, Leiceaga obtivo máis dun 30% de apoios.

"Está claro que estas eleccións amosan dúas cousas; que os baróns non controlan o partido como pensan que o controlan e que hai moita xente que quere un cambio", apuntaron fontes socialistas consultadas por GC.

Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG
Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG | Fonte: infolibre.com

E é que, nin os apoios de Méndez na Coruña --Mar Barcón, Beatriz Sestayo, Xosé Sánchez Bugallo ou Francisco Caamaño, entre outros--, lograron que gañara nesta provincia, e en Lugo, onde Pepe Blanco xa non ten o poder que tiña. Tampouco en Ourense Pachi Vázquez domina xa como dominaba antes. Alí, Leiceaga perdeu só por unha diferencia de menos dun 4% dos votos.

Con todo, tamén Leiceaga contou co respaldo de baróns provinciais en Lugo e na Coruña, entre eles, os presidentes provinciais, Darío Campo e Fermín González, así como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Todos eles saíron reforzados neste proceso aínda que tamén hai gañadores na sombra neste proceso, principalmente, José Ramón Besteiro e Pilar Cancela, os grandes impulsores da candidatura de Leiceaga.

Obxectivos

Tras a súa victoria,  Leiceaga marcouse o reto de lograr a "Presidencia" do Goberno galego nas próximas eleccións autonómicas do outono e chamou a "todos" os militantes e cadros do partido a "estar detrás" do proxecto que encabeza.

"Sen dúbida houbo un triunfo da nova política, das ideas de renovación e un triunfo dunha nova forma de facer as cousas que vai permitir ser unha referencia para o PP e construír esta alternativa aos populares", dixo nunha comparecencia na que estivo arroupado por nomes como Iván Puentes, Patricia Vilán ou José Manuel Lage.

Pola súa banda, José Luís Méndez Romeu, pediu a quen lle apoiou a el no proceso que apoien, agora, o proxecto de Fernández Leiceaga. "Pido desde este momento que todas as persoas que apoiaron a miña candidatura traballen con lealtad na dirección que marque o que agora mesmo é o candidato de todos os socialistas, Xaquín Fernández Leiceaga, na procura do que pretendemos cambiar definitivamente, o rumbo do Goberno de Galicia", suliñou.

Retos

Con todo, e segundo as fontes consultadas o principal reto que ten por diante Leiceaga será recompoñer o PSdeG, moi dividido logo do acontecido neste proceso, e tentar integrar no seu proxecto a xente do sector de Méndez Romeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 carrabouxiño

¡Qué curioso el resultado electoral en O Carballiño! Romeu 101 y Leiceaga 8. No es difícil ver a algún CENTURIÓN controlando las votaciones. ¡PAÍS! y luego hablamos de VENEZUELA.

5 non o vexo¡¡

Non o podo crer.... hai vida intelixente no choe¡¡¡¡ Espero que non agarden os perdedores para romper o choe definitivamente. Sr Leiceaga e resto de persoeiros deixade o choe xa e creade un novo socialismo galego.

4 Bernardo

Esperemos que Leiceaga sexa sensato e se manteña firme no propósito: chimpar a Feijóo, a última praga galega.O aparato de vividores do PSOE prefire a rancia dereita.En Marea apoiarao pra presidente se saca máis votos.Confiamos na reciprocidade, xa que temos un obxectivo común moi importante pra este país.o PP é o caos.

3 Gamela

Leiceaga e Gonzalo teñen unha misión imposible! Abel Caballero e a súa Democracia Privativa (acaso alguén sensato vai gobernar Galicia con xentuza coma esta)? http://www.noticiasvigo.es/la-priva...

2 mais farsantes a vista

LEITEAUGADA non convence a ninguen pertence a facción de disidencia -Vieirista e pode estar polo tanto aberto a chanchullos do pior, deixaronse levar pola "marea no refluxo" e agoran van afundirse como o PEPETANIC.... galegos as unicas opcións galegas patrioticas e nacionalistas son o bloque ou cxg... todolo demais son enganos, mentiras de desertores do arado, uns son amateurs LEITEAUGADA e outros son mestres consumados O -VIEIRAS