Primiero gustaríme que Anónimo dese a cara e quitase o seu disfráz. Claro que hai que facer as cousas ben, concordo talmente contigo neso. Poren defendo a nosa xestión na Xunta a cara descuberta. En canto ao Consorcio, hai un proceso selectivo pactado cos representantes sindicais, (sónavos de algo a negociación colectiva?, en Seaga, se de entre 6000 persoas contratadas para as campañas contraincendios, o normal é que haxa persoas que pertencen a calquera partido político, o BNG representa aprox o 20% da sociedade galega por tanto é normal que persoas próximas ao BNG tamén podan optar a eses postos en igualdade de condicións que os demais ou nón? creo que hai un sistema de listas de contratación públicas ou non? , lembrádesvos antes como se contrataban aos traballadores do Infoga, eran os alcaldes quen contrataban á dedo. En canto ao concurso eólico algúns funcionarios terán que dar conta porque se foron dunha comisión na que por lei nin sequera se poden abster, ademais o concurso está ben feito, quedan os cartos en Galiza, incluso apostando por unha empresa que quere facer un xornal en galego, porque para os nacionalistas que haxa medios de expresión en galego tamén é necesario, verdade?
Se a sociedade galega apoia estas políticas xa se saberá o día 1M á noite.
Ladran Sancho, mentres cabalgamos.