Imos ver, repetindo unha argumentación anterior, en todo isto non se trata nin de decencia nin de democracia, niste país coido que na sociedade ten asumido en conxunto unha mínima dose de decencia, (sin pasarnos, que a vida dos puros e castos é moi aburrida, polo menos para min), e a suficiente dose de democracia para non andarnos matando, (ainda que na política, como nas cartas, é mais divertido facer algunha trampa sempre que non te descobran)
Ben, resumindo, que non por ganar o PP van a pasear a ninguén, nin por ganar o PSOE vaise a instituir unha sociedade sin clases
, nin tan siquera, ainda que gañase o BNG se iba proclamar o estado galego soberano...
Estou seguro de que a todos nos gusta vivir ben, e preferimos viaxar nun Audi 8 que nun 2CV, xantar nun bó restaurante a xantar nun "jalódromo de estrada", etc...
Logo xa entran as preferencias de cada un en materia de proxecto político, e niso, as miñas as teño claras.
Son nacionalista, e aspiro a que algún día Galiza poida ser un estado independente, polo que quero que os nacionalistas teñan o mellor resultado posible, e sendo práctico, por nacionalistas entendo o BNG, entre outras cousas porque si o BNG non é independentista, ¡moito menos o é Terra Galega!, (penso que nin siquera é nacionalista e é mais ben unha aventura rexionalista), e si ben a FPG e NOS-UP se declaran independentistas, ademais de que non teñen posibilidade real de ter representación, polo que votalos a eles é tirar o voto e, indirectamente, reforzar aos partidos españois, (PP e PSOE), tampouco concordo para nada coa súa ideoloxía social e económica, pois nise tema me declaro liberal con un algo de socialdemócrata.
Polo anterior desexo que o BNG obteña o mellor resultado posible, que para min sería recuperar ser a segunda forza como xa o foi no 97 e no 2001.
En canto a fórmula de goberno, pois xa estou mais aberto, xa digo que non me da medo un goberno do PP, (total, eu non teño ningún posto que perder, estou seguro que non iban a pasear a ninguén como no 36, e ainda que eu non os vou votar, si unha maioría quere que sexa así, son o suficiente demócrata para aceptalo sin maior problema, e pode que cun BNG liderando a oposición, ainda sexa beneficioso para que a próxima Quintana acade a presidencia da Xunta, (vin a Beiras na oposición, vin a Quintana no goberno, teño o convencemento de que Beiras non faría moi bó papel no goberno por ser pouco pragmático, gústame Quintana no goberno, precisamente por non ser ningún "Pol Pot" e ser un home, no fondo mais liberal ou socialdemócrata do que o xeral da xente considera que é o BNG, polo menos non é un esquerdista falabarato como outros, que moi roxos no discurso, e moi bon vivantas eles. Faltame por avaliar a Quintana na oposición)
Ben, un goberno BNG-PSOE xa sabemos como é, non é unha maravilla pero, para min tampouco está mal, especialmente as áreas do BNG que en xeral resultaron mellor valoradas que as do PSOE, o problema e que si se dera o caso do meu desideratum, (BNG por diante do PSOE), coido que habería moitas posibilidades de que aparecera un Tamayo no PSOE que nos deixara coa mel nos beizos
Por outra parte, a min tampouco me repugnaría un bipartito PP-BNG, (as enquisas din que isa é a opción preferida do 17% dos galegos), e iso o digo porque iso implicaría que o PP corrixiría a súa deriva españolista e bífida dos últimos tempos, e sería un goberno con maioría suficiente para aprobar un Estatuto de nación si o PP se situaba, como nos tempos de Cuíña, no bordo da autodeterminación, (por certo, expresión recuperado por Rafa Cuiña nunha recente entrevista).
Ben, coido que queda suficientemente argumentada a miña posición
E dende logo a quen non quero ver nin en pintura é a un tipo como Pedro Arias, e non por liberal, si non por ser tan ranciamente español e antisoberanista galego, está noutro universo paralelo ao meu. Están noutro universo el, e moitos como el no PP e no PSOE, que vivindo na Galiza, son fondamente españois, (por diferencialos dun sentimento como o meu, que sendo fondamente galego, son español soio superficial ou circunstancialmente)...
No fondo, na miña opinión na Galiza a antítese está entre os que sentimos que o suxeito é Galiza, namentras que España é un complemento circunstancial, aos que sinten a España como suxeito e teñen a Galiza como un complemento circunstancial de lugar...