Últimas horas para lograr un .gal máis barato

O puntoGAL gañou máis de 150 dominios grazas a promoción que remata este mes de maio, pero segue a ser o menos popular dos novos identificadores lingüísticos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A promoción coa que PuntoGal celebra o mes das Letras Galegas e o día de Internet chega ao seu fin. Hoxe, día 31, é o derradeiro día para obter un .gal por un prezo máximo de 20 euros + IVE nas empresas rexistradoras sumadas a esta acción. 

Deseño de Reizentolo para o puntoGAL
Deseño de Reizentolo para o puntoGAL

A rebaixa, de máis dun 60% sobre o prezo habitual, pode consultarse en www.dominio.gal/promotion/este-mes-dominio-bo-tempo/ . Normalmente o prezo dun .gal anda polos 50 euros.

Cando comezou a promoción o .gal tiña 3.029 dominios rexistrados, segundo NTLD stats. Agora mesmo anda polos 2.183; polo que a promoción serviu para gañar uns 154 dominios aproximadamente. Malia este avance, o puntoGAL segue a ser con moita diferencia o dominio lingüístico menos popular entre os que entraron en funcionamento hai dous anos. 

Para poder utilizar a promoción, os interesados deben dirixirse a unha serie de rexistradores adheridos á promoción, entre os que está Dinahosting. As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este periodo fará posible atopar dominios dende 18,95€ ata os 20€ máis IVE, destaca a Asociación puntoGAL, responsábel do indentificador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta