Caen as execucións hipotecarias en Galicia no primeiro trimestre de ano

As execucións sobre persoas físicas situáronse en 142, fronte a 233 un ano antes. No caso das persoas xurídicas, a taxa interanual caeu, pero aumentan respecto aos últimos tres meses de 2015.

Por E.P. | Santiago | 02/06/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O número de execucións hipotecarias sobre vivendas de persoas físicas baixaron un 39% no primeiro trimestre en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, ao situarse en 142 (eran 233 un ano antes), segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Vivendas
Vivendas | Fonte: Europa Press.

Esta cifra de 142 certificacións por execucións hipotecarias iniciadas e inscritas en Galicia nos primeiros tres meses de 2016 refírese a vivendas de persoas físicas, pero sen discriminar entre as que son habituais ou non, xa que o INE non ofrece este dato por comunidades autónomas (si para o conxunto estatal).

Neste sentido, esas 142 execucións hipotecarias sobre vivendas de persoas físicas tamén son menos que as do último trimestre de 2015, no que houbo 183.

O obxectivo principal desta estatística é ofrecer trimestralmente o número de certificacións de execucións hipotecarias iniciadas e inscritas nos rexistros da propiedade durante o trimestre de referencia. Estadística recorda que non todas as execucións de hipoteca rematan co lanzamento (desafiuzamento) dos seus propietarios.

No tocante a persoas xurídicas, houbo 70 execucións hipotecarias no primeiro trimestre deste ano, o que se traduce nun descenso do 69% respecto ao mesmo período de 2015, cando foron 226. Con todo, supoñen un repunte do 59% fronte ás 44 coas que se pechou o ano en 2015.

Se se suman as execucións de vivendas de persoas físicas e xurídicas botan un total de 212, o que dá lugar a un descenso do 54% dende as 459 dun ano antes.

Baseándose no criterio do estado da vivenda, a inmensa maioría das execucións hipotecarias foron sobre vivenda usada (199), fronte á nova (13).

TERREOS

Sobre o total de terreos, as execucións hipotecarias descenderon un 49,4% en taxa interanual dende 937 no primeiro trimestre de 2015 a 474 nos primeiros tres meses deste ano. Unha cifra que tamén é menor que a do último trimestre de 2015, cando foron 486.

Deses 474 terreos, a maioría foron urbanas (428) e o resto rústicas (46). Entre as 428 urbanas, 212 son vivendas, 9 soares e 207 correspóndense á categoría doutras urbanas.

DATOS ESTATAIS

O número de execucións hipotecarias sobre vivendas habituais situouse en España en 6.118 no primeiro trimestre, cifra un 31,2% inferior á do mesmo período de 2015, segundo a estatística de execucións hipotecarias publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

En termos intertrimestrais (primeiro trimestre de 2016 sobre o cuarto trimestre de 2015), as execucións hipotecarias sobre vivendas habituais baixaron un 11,3%.

Por comunidades autónomas, Andalucía liderou as execucións sobre vivendas no primeiro trimestre, cun total de 3.144, seguida de Cataluña (2.113) e Comunidade Valenciana (2.094). No lado oposto situáronse Cantabria (43), La Rioja (54) e Navarra (61).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta