A UDC ofertará 11 prazas de persoal docente e investigador para 2017

Vanse distribuír en sete prazas de contratado doutor, dous de profesor titular e dúas cátedras, ademais das dúas Ramón e Cajal.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/06/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) anunciou que a oferta de emprego publico de universidade incluirá once prazas que corresponden a reposicións pola xubilación do persoal.

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Así o dixo o reitor da UDC, Julio Abalde, quen destacou, entre outros asuntos, a modificación do regulamento do viveiro de empresas de base tecnolóxica, que prolongará a estanza das compañías neste espazo universitario.

Ademais, dixo que a aprobación da oferta de Persoal Docente e Investigador (PDI) para 2017 está "limitada pola taxa de reposición imposta" pola que só se poden ofertar o número de xubilacións de 2015, é de 11 prazas que corresponden a reposicións pola xubilación do persoal e outras dúas eventuais a maiores polo programa Ramón e Cajal.

Así, se van distribuír en sete prazas de contratado doutor, dous de profesor titular e dúas cátedras, ademais das dúas Ramón e Cajal.

O reitor destacou o "compromiso de estabilización do cen por cento do equipo", aínda que recoñeceu que aínda queda moito traballo por facer neste sentido, sobre todo en dous colectivos "claramente prexudicados": os doutores e os catedráticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta