Guerra mediática

Na xa chamada "campaña máis sucia dos últimos anos" entraron xa tamén os medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tamén Faro de Vigo dá unha visión diferente á posición que, sobre esta foto, aporta La Voz de Galicia. Se o xornal de Jacinto Rey asegura que Touriño "marcó distancias" co seu número dous por esta foto porque "no se puede mezclar política con negocios", Faro de Vigo asegura "en lugar de reprobar la actuación de su socio de gobierno, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, cerró filas en torno al líder nacionalista. "Sinceramente, conozco a Quintana y no le veo ninguna connivencia ni sumido en el lujo".

E nesta "guerra" vale todo, mesmo dosieres, bulos e informacións falsas. A este mesmo medio teñen chegado varios anónimos informando sobre supostas actividades "ilícitas" ou criticando a vida persoal dalgúns políticos galegos, incluídos Feijóo e Quintana. Onte mesmo, unha nova aparecida en Europa Press viña a enlamar un pouco máis a campaña. Nesta nova se aseguraba que Quintana tivera un accidente e anulaba un acto que tiña con xente moza. A noticia foi eliminada pouco despois por tratarse dunha información falsa que a axencia publicou por un erro informático. Unha situación que tamén utilizou partidariamente o propio Quintana para asegurar que é víctima dunha especie de "complot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

24 Eu

Todo isto é unha cortiña de fume , para realmente tapar a merda a trma de corruptelas nas que esta inmerso o PP .E

23 anónimo

Ou sexa, votarei BNG que é o que me garantiza que joberna sen hipotecas... hahahahhahahahahahahah, vaia garantias che van dar sí.

22 Rumiante Femia

Somos mais. Somos mellores.

Desterrade ós franquistas ó olvido na Galiza. O PP está ben para o barrio de Salamanca e para Soto Del Real.

21 xosé

Por certo algúns parece que non perderon o tempo, porque os espías tamén os hai aqui non soio en Madrid. Digoo polo tipo este que coñece a media Galiza e pon os nomes de non sei canta xente irmá, cuñada, filla, curmá de non sei que cargo do bipartito. Que teña coidado porque pode acabar tendo unha querela coma os do País, e Garzón,...

20 xosé

Eu de min ao sr. ese Latorre andaría con coidado porque a aposta é moi arriscada e dende logo xa perdeu o pouco creto que tiña. En canto a Frijolito, no hipotético e remoto caso de ter o joberno non lle arrendo o beneficio co tipo ese, dende logo non lle vai saír barato e realmente sempre lle vai estar lembrando que é un pelele nas súas máns.
Ou sexa, votarei BNG que é o que me garantiza que joberna sen hipotecas, porque ao fin conseguíu o que queríamos un país onde o joberno estea en máns do pobo. Como na cantiga de Grandola: o povo é quen mais ordena.
A rañala.