Guerra mediática

Na xa chamada "campaña máis sucia dos últimos anos" entraron xa tamén os medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tamén Faro de Vigo dá unha visión diferente á posición que, sobre esta foto, aporta La Voz de Galicia. Se o xornal de Jacinto Rey asegura que Touriño "marcó distancias" co seu número dous por esta foto porque "no se puede mezclar política con negocios", Faro de Vigo asegura "en lugar de reprobar la actuación de su socio de gobierno, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, cerró filas en torno al líder nacionalista. "Sinceramente, conozco a Quintana y no le veo ninguna connivencia ni sumido en el lujo".

E nesta "guerra" vale todo, mesmo dosieres, bulos e informacións falsas. A este mesmo medio teñen chegado varios anónimos informando sobre supostas actividades "ilícitas" ou criticando a vida persoal dalgúns políticos galegos, incluídos Feijóo e Quintana. Onte mesmo, unha nova aparecida en Europa Press viña a enlamar un pouco máis a campaña. Nesta nova se aseguraba que Quintana tivera un accidente e anulaba un acto que tiña con xente moza. A noticia foi eliminada pouco despois por tratarse dunha información falsa que a axencia publicou por un erro informático. Unha situación que tamén utilizou partidariamente o propio Quintana para asegurar que é víctima dunha especie de "complot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

4 anónimo

Bueno (pódese dicir bueno?), xa temos o Xornal e A Nosa Terra, grazas ao noso Hearst, Jacinto King Hearst

3 Roi

Pois non, o PP é único botando merda e tratando de convencer que son todos iguais. Poder mediático parecido ao deles non ha i en Galicai

2 Turistapaseandonoiate

É mal de todos... ou acaso os demais partidos non fan o mesmo??

1 Elentir

Como o PP non pode gañar nas urnas ten que tentar o golpe de estado mediático, como xa fixo na lexislatura pasada en España. Agora toca o mesmo no noso pais.

Recordemos como o PP provocou o 11M coa guerra de Iraque, mentiu ás familias cos corpos quentes e logo mentiu durante catro anos mais para tratar de acadar o poder sin pasar polas urnas coa axuda de Pedro J. (o Tejero da prensa amarela). Como os franquistas non teñen a costume da democracia pasan estas cousas.

Agora toca inventar mentiras sobre o vicepresidente da Galiza para tratar de roubar algún escaño. Namentres o partido está afundido na corrupción, nos espionaxes de Espianza Aguirre, nos chantaxes, no financiamento ilegal... e xa teñen mais imputados que Batasuna, partido ilegal por certo.

Reforzarán o voto do BNG con toda seguridade. E así aprenderán a lección. Na democracia os governos veñen das urnas, non do golpismo mediático.