Boicoz, unha campaña contra La Voz

Nas redes sociais circula xa un manifesto que anima aos usuarios a non mercar nin difundir por internet o xornal La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

None

A sua linha editorial não tem mais valor do que uma cotização bolsista, variando em função dos interesses do governo ou da mão que melhor a alimente. Nos inícios da maré preta do Prestige somou-se à cidadania para a denúncia da ineptidão da Junta do PP. Porém, não tardou em loar o Plan Galicia e a estratégia do poder quando isso se traduziu em suculentos ingressos via publicidade institucional (da Junta do PP), como lamentou no seu dia o que era na altura um dos responsáveis pola edição digital.

Uma edição digital que se beneficiou muito para medrar em visitas (e, pois, em ingressos publicitários) mercê às ligações em inúmeros blogues… e redes sociais, sobretudo Chuza! (que já vai polo seu terceiro ano triunfal).

Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas.

Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais. No referente ao caso concreto de Chuza!, tampouco vou enviar informações de lavoz.es, e mesmo votarei negativo quanta notícia se enviar desse web a partir deste mesmo instante. A imagem desta simbólica campanha chega do blogue ANGUEIRA DE SUSO. Máis aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

59 airadasenra

A la voz o único que lle interesa son os cartos... sempre se vendeu ó que pagou máis. Así fo e así seguirá sendo. O que non é de recibo é que reciban subvencions polo periódico e contratas millonarias en outros sectores como no audiovisual a través por exemplo da TVG... todo con cartos públicos. Que lle poñan freo

58 anónimo

e Quin deulle 15 millóns en vento a Jacinto para que lle montase un Xornal

57 S

Ss

56 Xulian

HOXE DESVELASE NUN XORNAL QUE O PARTIDO POPULAR PAGOU 96.000 EUROS Á LA VOZ DE GALICIA PARA QUE FALASEN BEN DE FEIJOO....AGORA ENTENDO TODO.....

55 Herr Ediktor

Pois si, amigos, si. Certo é que nunca nos mollamos tanto como agora. Pero os nosos motivos temos.
Efectivamente, arriscar a nosa reputación de xornal independente non foi tarefa doada, pero hai tanto en xogo que isto se volveu inevitable. Os nazionanistas non paraban de buscarme as cóxegas cos seus delirios de grandeza mediática. A nós, a Voz, baluarte na defensa dos nosos intereses, certo é, pero tamén dos deste país na medida en que nos resulte rendible.

A quen se lle ocorre erixir un xornal para facernos a competencia. A quen se lle ocorre tratar de facerse co control dun grupo de canles locais privadas a nivel autonómico, para facernos a competencia a nós, que contabamos cunha concesión para unha canle privada dende os anos 80 -aínda que nunca chegamos a darlle uso-.

Teñen o que merecen, e máis que han ter. Con ensañamento, se é necesario. Ao noso lado, os de Intereconomía van parecer "hermanitas de la caridá".

Si, amigos, si, son o novo Pedro J. Ou máis parcial, se cabe.