Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

15 paco

El "Yo protesto" por la política lingüística ya lo hareis vosotros en el Xornal y en el Chuza. Sectarios, que se os acaba el choio.

14 unqueestanoallo

La voz cando di algo ten que contrastar a informacion cos aludidos, chamase xornalismo, mais non o fai.
En outras ocasions di cousas, mais esquece outras peores as que non lle da a menor importancia.
Escandalizase con actitudes de politicos e non se escandalizou coas, que di, mesmas actitudes en tempos pasados porque lle daban pasta.
Ou non lle haberia que facer un "yo protesto", a politica linguistica de Paco Vazquez.
Porque non fala das concesions eolicas a paco vazquez o senhor fernandez latorre no seu adalid de la libertad e independencia que e o seu periodico.

E por ultimo, porque Xornal non estivo inzado de propaganda das consellerias e institucions do BNG? OS medios do PP estiveron inzados de propaganda do PP mentres o PP estivo na xunta.

Outroqueestanoallo, non me cabe a menor duda de que se hai merda contra quintana saira, ten poucos amigos e poucos xornais afins... espero que saia algo mellor que unha foto do 2005 dicindo que e do 2008 antes do concurso eolico, iso como se chama?, simplemente mentir?

13 BNG? non ho non

Pero imos ver... ¿É certo ou non é certo o que di La Voz? Porque se é certo, o problema está en que estades acostumados a silenciar toda discrepancia e facer calar calquera disidencia. Un perfecto círculo pechado de sectarios: queredes pechar a boca a quen di a verdade. Daquela o problema está en que La Voz non se deixa domear e igual critica a Fraga polo Prestige (entón La Voz era boa) ou ao BNGha polas manghantadas (e entón e mala). Meus tonechiños...

Vota branco!!!!

12 anónimo

Se gaña o BNG, a mafia PP-Voz pode ir o carallo, só por iso lle perdono as supostas falcatruadas do BNG.

11 Lenin

Se Vladimir Quintana foi capaz de sacar un Xornal á rúa á costa do peto dos galegos, porque non vai ser capaz de fechar outro con calquera pretexto. En Rusia, en Venezuela faixe faise e non pasa nada. De paso tamén podería crear un Hai Debate! no que comparecera todos os luns o noso Quin. Que mundo tan feliz
Adiante xa co BNG!!!