Os empresarios coruñeses seguen apostando por Fontenla

O ex presidente da Confederación de Empresarios de Galicia renova o seu cargo no organismo coruñés e fai un chamamento aos partidos para que cheguen a "acordos".

Por E.P. | A Coruña | 15/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, renovou o seu cargo á fronte deste organismo. Unha situación que lle permite seguir ao fronte dos empresarios coruñeses logo do seu paso pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) da que tivo que saír tras facerse co posto o entón líder dos empresarios pontevedreses, José Manuel Fernández Alvariño.

Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña
Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña | Fonte: EP

Na súa intervención, tras a súa reelección, destacou tamén que renova o seu cargo tras un período "de máxima estabilidade fundamentada no apoio e confianza dos empresarios". Ademais, fixo un chamamento aos partidos políticos para que cheguen aos acordos necesarios que permitan formar goberno, tras a celebración das eleccións xerais o 26 de xuño.

O acto de proclamación celebrouse este martes na asemblea xeral ordinaria da confederación, na que se aprobou un presuposto para 2016 de 1,1 millóns de euros.

Longa traxectoria

Fontenla chegou á presidencia da CEC en 2000 e renova o seu mandato por cuarta vez consecutiva nunha elección á que non se presentou ningún outro candidato. Entre 2001 e 2013 presidiu a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e sucedeulle na organización ao vigués Fernández Alvariño, ao que, á súa vez, relevou o ourensano Antonio Dieter Moure, actualmente á fronte da patronal galega.

Precisamente, tras a etapa de Fontenla na CEG comezaron os problemas na CEG o que deu lugar á forte división deste organismo que impide que teña un correcto funcionamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta