As Medallas de Ouro de Galicia 2025 para os alcaldes do Porto e de Braga

Recibirán a condecoración o próximo 24 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2025 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta acordou outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2025 aos alcaldes do Porto, Rui Moreira, e de Braga, Ricardo Rio, que recibirán o próximo 24 de xullo. Así o trasladou este martes en rolda de prensa o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, que lembrou que os rexedores portugueses súmanse ao recoñecemento xa recibiu a princesa Leonor este luns nun acto no Pazo de Raxoi.

O presidente da Xunta destacou que ambos representan "o espírito de cooperación tradicional" e de "tan longa tradición entre Galicia e o norte de Portugal". "Vai moito máis alá do puramente xeográfico, lazos culturais, lingüísticos... e un ecosistema económico, social e de relacións humanas que pon en contacto a miles de persoas a ambos os dous lados da raia", reivindicou Rueda.

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta. Sala do Consello, 15/07/25. XUNTA / Europa Press
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta. Sala do Consello, 15/07/25. XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta