Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2025 | Actualizada ás 12:05
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exercerá este ano, por encargo do rei Felipe VI, como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo 2025, que se celebrará o próximo 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, na capital galega. Esta será a segunda vez que o titular do Goberno galego asuma este rol, tras desempeñalo tamén no ano 2023 despois de substituír a Alberto Núñez Feijóo á fronte da Administración autonómica.
En canto á presenza do monarca, en 2022 foi a última vez que Felipe VI se encargou de presidir a Ofrenda. Esa foi a cuarta vez que o actual rei desempeñou este papel, xa que o habitual é que Casa Real designe a un delegado. O ano pasado, o encargado foi o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, mentres que en 2021 e en 2020 si que acudiu á capital galega o monarca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.