Illa insiste que o financiamento singular "non vai prexudicar a ninguén"

O presidente catalán reclama un modelo actualizado e acusa ao PP de bloquear sen alternativa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/07/2025 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A recente polémica arredor do modelo de financiamento autonómico reavivou un debate de fondo sobre a estrutura territorial do Estado. O presidente da Generalitat, Salvador Illa, defendeu este venres que a proposta catalá dun financiamento singular “non vai perxudicar a ninguén” e busca simplemente actualizar un sistema caducado desde hai once anos. Ao tempo, criticou con dureza a estratexia do PP, que, ao seu xuízo, aposta por “ir á contra” sen ofrecer alternativas reais.

O presidente da Generalitat de Catalunya, Salvador Illa (d), intervén xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro (i), durante unha rolda de prensa, no Hotel NH Collection, a 18 de xullo de 2025, en Santiago de Compostela, A Cor. César Arxina - Europa Press
O presidente da Generalitat de Catalunya, Salvador Illa (d), intervén xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro (i), durante unha rolda de prensa, no Hotel NH Collection, a 18 de xullo de 2025, en Santiago de Compostela, A Cor. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou unha declaración conxunta coa presidenta de Estremadura rexeitando calquera tipo de trato privilexiado e alertando contra os acordos bilaterais que poidan “saquear a caixa común”. Rueda chegou a advertir que Galicia podería perder máis de 600 millóns de euros cunha eventual cota catalá. Illa respondeu acusándoo de mentir e puxo en valor o aumento global do financiamento ás comunidades baixo o goberno de Pedro Sánchez, reclamando un debate sereno e sen prexuízos sobre propostas que, insistiu, deben ser escoitadas.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou o contexto para reclamar que se recoñeza tamén a singularidade galega dentro dun modelo que debe ser solidario pero tamén xusto coas realidades específicas de cada territorio. Neste sentido, apelou á responsabilidade do PP para abandonar o bloqueo e presentar unha proposta alternativa concreta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta