Ciudadanos asegura en Galicia a súa aspiración a ser a "pedra inicial" dunha nova "alternativa ao bipartidismo" estatal

A formación reúne á súa nova xunta autonómica en Compostela, que xa "rearma" o partido en todas as comunidades. "Non podemos resignarnos a que unha alternativa a un PSOE corrupto sexa un PP ao que lle están descubrindo corrupcións e que non tomou cartas no asunto", criticou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 19/07/2025 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Ciudadanos, Carlos Pérez-Nievas, defendeu este sábado a súa aspiración a "crear un espazo político que se enfronte ao bipartidismo", no que a formación laranxa sexa o "punto de apoio" e a "pedra inicial" dun proxecto novo. "Non estamos a dicir que veña todo o mundo a Ciudadanos", aclarou. Esta vontade trasladouna, en declaracións a Europa Press, antes do inicio dunha asemblea da agrupación en Galicia, celebrada para reunir por primeira vez á nova xunta autonómica. Con este propósito, acompañárono o coordinador do partido en Galicia, Manuel Moinelo, e a secretaria de Mobilización, Programas e Acción Europea, María Vázquez.

Esta última apuntou que o "despregamento" nas comunidades autónomas --con eleccións primarias celebradas recentemente-- ten como fin "rearmar" á formación para apoiarse en todos os seus equipos. "Nós seguimos defendendo que é máis importante que nunca que haxa realmente unha alternativa a un bipartidismo que xa vemos estes días que ten corrupción por un e outro lado", sostivo Pérez-Nievas. "Non podemos resignarnos a que unha alternativa a un PSOE corrupto sexa un PP ao que lle están descubrindo corrupcións e que non tomou cartas no asunto", criticou.

O coordinador de Ciudadanos en Galicia, Manuel Moinelo (esquerda); o secretario xeral de Ciudadanos, Carlos Pérez-Nievas, e a secretaria de Mobilización, Programas e Acción Europea, María Vázquez, a 19 de xullo de 2025
O coordinador de Ciudadanos en Galicia, Manuel Moinelo (esquerda); o secretario xeral de Ciudadanos, Carlos Pérez-Nievas, e a secretaria de Mobilización, Programas e Acción Europea, María Vázquez, a 19 de xullo de 2025 | Fonte: Europa Press

Ao mesmo tempo, descartou como opción o "salvavidas" do "populismo de dereitas e de esquerdas", que, ao seu modo de ver, contan con propostas "absolutamente inaceptables". En relación ás expectativas de cara ás próximas eleccións xerais e autonómicas, o seu secretario xeral foi claro: "Non será Ciudadanos só o partido que se enfronte a esta situación do bipartidismo". Con iso, "non" está a dicir "que veña todo o mundo a Ciudadanos". O seu propósito é que o partido sexa un "punto de apoio" ou a "pedra inicial" dun "novo espazo político que ten que saír da cidadanía".

"Aquí seguimos independentemente das posibilidades actuais. Somos conscientes de que isto vai necesitar unha nova alternativa e que non podemos seguir conformándonos coa que nos ofrece os políticos actuais", engadiu María Vázquez. Neste sentido, o secretario xeral chamou ao resto de proxectos políticos con esta mesma vocación e aos cidadáns "que din que xa pasan de política e pensan na abstención". "A esa xente, hai que sacudir para facerlle ver que o que máis queren os políticos corruptos é que eles estean na súa casa sen participar en política para que poidan campar ás súas anchas", esgrimiu.

NOVA XUNTA EN GALICIA

Galicia celebra este sábado en Compostela unha asemblea para reunir por primeira vez á súa nova xunta autonómica, tras a celebración de eleccións primarias nas comunidades autónomas. "Estamos aquí precisamente para comunicar que estamos preparados", asegurou o coordinador do partido en Galicia, Manuel Moinelo, que apuntou que conta con "unha estrutura en toda a comunidade autónomas e en todas as provincias". Desta forma, manifestou a súa intención de enfrontarse ás eleccións autonómicas e unhas "inminentes" eleccións xerais, por un "previsible adianto electoral". "Non podemos seguir esperando que neste país sigamos como estamos. Dalgunha forma, a idea é que este sexa o punto de partida para as próximas eleccións", asegurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta