Canto queda de apoio á revolución na Cuba actual?

Agrafoxo aborda na súa quinta novela a situación da revolución cubana a través dunha amena crónica dunha viaxe de punta a punta da Illa.

Por GC Tendencias | Compostela | 23/06/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Xerardo Agrafoxo volve á narrativa, na  colección Literaria de Galaxia, cun título ben explícito, "Viaxe a última revolución" e que xa está nas librerías galegas.

Xerardo Agrafoxo asinando exemplares dun dos seus libros
Xerardo Agrafoxo asinando exemplares dun dos seus libros | Fonte: Galaxia

 

A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no aeroporto internacional da Habana.

O autor xa estivera en Cuba trinta anos antes, cando o Muro de Berlín aínda existía e a Revolución tiña moitos adeptos. Tres décadas despois, para coñecer os cambios que se produciron na illa, Xerardo AgraFoxo decide viaxar en solitario. Montado en camións, coches e trens doutra época, o auñtor atravesa Cuba durante trinta días, dende Baracoa ata Pinar del Río, para -despois de dous mil quilómetros de percorrido- escribir unha crónica que destaca polo ton sincero das súas observacións e a amenidade das súas páxinas.

Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). Esta é a súa quinta novela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta