Xulio Ferreiro prefire pechar campaña en Madrid con Unidos Podemos que en Santiago con En Marea

O alcalde da Coruña, da Marea Atlántica, opta por participar este venres no mitin central de Pablo Iglesias na capital española e desatende o convite que lle fixeron dende a coalición galega para estar na capital de Galicia.

Por E.P. | Santiago | 22/06/2016 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

Malia ser convidado a participar no peche de campaña de En Marea en Santiago de Compostela, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) decidiu que o seu sitio é en Madrid, no acto electoral que celebrará Unidos Podemos este venres, ao que foi convidado como representante dos chamados "gobernos do cambio", ao igual que o vicepresidente valenciana Mónica Oltra. 

Íñigo Errejón, Alberto Garzón, Antón Sánchez, Xulio Ferreiro e Yolanda Díaz, nun mitin na Coruña
Íñigo Errejón, Alberto Garzón, Antón Sánchez, Xulio Ferreiro e Yolanda Díaz, nun mitin na Coruña | Fonte: Europa Press.

O convite a Ferreiro fíxose directamente por parte da formación morada, como no caso do cartel electoral de Unidos Podemos, para o que se propuxo ao alcalde coruñés participar xunto a Pablo Iglesias, Íñigo Errejón, Carolina Bescansa, Alberto Garzón, Ada Colau ou Irene Montero, entre outros. Non obstante, en aquela ocasión rexeitouse o convite e derivouse á mesa coordinadora de En Marea.

Marea Atlántica non está integrada formalmente na coalición En Marea, aínda que a súa asemblea si aprobou pedir o voto para esta candidatura e participar na campaña, malia as discrepancias coa coalición. O pasado domingo, o alcalde da Coruña xa participou xunto aos candidatos pola circunscrición coruñesa, iso si, tamén canda Íñigo Errejón e Alberto Garzón nun mitin na cidade herculina.

Fontes dos socios da coalición explicaron a Europa Press que Xulio Ferreiro estaba convidado ao acto de Santiago de Compostela, aínda que fontes de Marea Atlántica tentaron xustificar que non había un convite pechado oficialmente ao acto central de En Marea e dixeron que "non se puxeron en contacto" coa coalición e foi unha "xestión persoal" directamente con Ferreiro.

Así as cousas, o alcalde da Coruña acudirá á capital española ao peche da campaña, que se celebrará en Madrid Río e que incluirá, segundo a convocatoria enviada por Podemos, concertos "con rostros coñecidos do mundo da cultura e sorpresas".

No plano político, están previstas as intervencións dos dous referentes de Unidos Podemos, Pablo Iglesias e Alberto Garzón, ademais dos candidatos ao Congreso Íñigo Errejón, Carolina Bescansa e Irene Montero, ademais de Ferreiro e Mónica Oltra.

REACCIÓNS

Ao respecto, en declaracións a Europa Press, a número dous por A Coruña e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, destacou que lle "parece moi ben que Galicia estea representada" no acto de peche de Unidos Podemos.

Pola súa parte, preguntado este mércores, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), remitiu ao acto político da tarde desta mesma xornada para pronunciarse sobre as cuestións políticas, por diferenciar as cuestións institucionais da campaña.

BESCANSA, EN VIGO

Por outro lado, a cofundadora de Podemos e candidata ás Cortes Carolina Bescansa recalará este xoves no mitin central de En Marea, que se celebrará en Vigo, e que contará coa presenza do voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, así como a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos.

Será a segunda ocasión desta campaña electoral na que Carolina Bescansa acode a Galicia para participar nun dos actos centrais de En Marea. Se o domingo 12 o fixo en Ourense xunto a o cabeza de lista, David Bruzos, ademais de acudir a Santiago de Compostela a celebrar o aniversario do ano de goberno con Martiño Noriega á fronte; nesta ocasión será xunto a a que foi voceiro de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, e na provincia na que a coalición, segundo as enquisas, podería rabuñar un novo deputado ao PSOE e conseguir tres escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Gamela

Se Marea Atlántica non está integrada formalmente na coalición En Marea, alguén podería explicarme qué pintaba Rubén Pérez (Marea de Vigo) en Madrid cando foron as eleccións do 20D ? Cando rematen as eleccións alguén vai ter que EXPLICAR qué carallo é Marea de Vigo (a máis de servirlle de submarino a Abel Caballero!) XA ESTÁ BEN DE TREPAS !!!

4 Alberte

Já o diziam os de Siniestro Total (ideia para o careca): Trabajar para el enemigo es nuestra aspiración... Ficou claro hoje, com as gravações do ministro: nacionalismo, independentismo, mau / Podemos, la secta, bom.

1 xirarei coma a roda do muiño

Esa é a orixe da fabricación de podemos por a3media e mediaset, debilitar o proces e a bildu. Un mesias q recolla ilusion na periferia, xa que o psoe non é capaz, pois fagamos un novo Psoe, cun novo Felipe coas mesmas mentiras có vello...

3 Oportunidades Carmiña

Polo pan move o rabo o can.

2 Ted Flanders

Oño pois claro! non é o mesmo ter unha alcaldía como a da coruña,de segunda ou terceira a nivel estatal, que non pegar nin pao no Parlamento Español..Ois neno! Es-pa-ñol!! ou que te pensabas....que estabámos eiquí por amor a terra ou qué? como dín por Madrí : "Dale un carguito y descubrirás al chulito"" **mensaxe para a censura previa: cXXo é unha interjección do español perfectamente utilizabel no linguaxe coloquial, Cela dixit!

1 galego.si

Cai é a novidade?. Todo este entramado de oportunistas está desexando un carguiño na 'capetal'. Non lle importa nada Galiza. Xa non enganan á ninguén.