Pilar Cancela: “Nós xa lle temos tendida a man a En Marea e Podemos desde decembro”

A número dous do PSdeG e candidata ao Congreso por A Coruña insiste en que o seu partido dará a sorpresa o vindeiro domingo e asegura que, se o PSOE goberna en Madrid, será máis doado o cambio en Galicia. Por iso, suliña que non rexeita pactos coas forzas de esquerda e lembra que xa facilitaron gobernos das mareas nas pasadas municipais.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Como vai esa campaña electoral?
Pois é unha campaña atípica, distinta, nunha situación nova e estamos adaptándonos a est anova circunstancia, tanto a xente, como os partidos. Esta lexislatura foi curta pero algo pasou. Houbo un partido que tiña que asumir a responsabilidade de buscar un goberno e non o fixo e despois a seguinte forza, que era o PSOE, pois asumiu a súa responsabilidade. Había que intentalo.

Pilar Cancela, número dous do PSdeG
Pilar Cancela, número dous do PSdeG | Fonte: psdeg-psoe.org

E non cres que foi un erro?
Eu creo que non. Hai partidos aos que se nos chama vellos pero, precisamente, por esa responsabilidade que tivemos na construción da época democrática, sabemos o significa a responsabilidade institucional e non podíamos dicir que non. Había que antepoñer os intereses dos cidadáns aos partidistas. Non puido ser e foi unha cuestión estratéxica de Podemos o non apoiarnos.

E non desaniman as enquisas que castigan ao PSOE?
Eu non creo nas enquisas. Se creeramos as enquisas pois estariamos xa desaparecidos. Eu lembro que a macroenquisa do CIS de setembro pois daba peor resultado que o de agora e mira o que pasou logo. Eu penso que a cidadanía vai valorar os esforzos para facer acordos.

Pero todas dan un sorpasso de Podemos. Cres que están equivocadas?
Totalmente. As nós as enquisas nunca nos axudaron. E aconteceu o mesmo en decembro. E o que percibimos na campaña e na rúa non é un rexeitamento ao PSOE, senón unha sensación totalmente distinta. A xente valora  a quen traballa e constrúe.

Como ves ao PSdeG logo das primarias?
Eu creo que, en contra doutros partidos que falan de nova política, o exercicio de democracia interna do PSOE foi exemplarizante. A participación foi dun 75% e onde o candidato acadou un respaldo moi importante. Falar de democracia e transparencia exércese demostrandoo e non con participacións pírricas dun 13%. Por iso viuse que o PSdeG é unha forza viva. E agora todos apostan pola persoa elixida e sumando todos nun proxecto común e iso é o que teñen que asumir todos os partidos porque os procesos dixitais forman parte do pasado.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia
Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia | Fonte: PSdeG.

Con todo, non vexo a algúns dirixentes que apoiaron a Méndez facer moita campaña?
Pois o outro día Méndez participou en actos na súa cidade. Non hai que darlle máis importancia a ese tipo de situacións. Non fago valoracións nese sentido. Estase participando dunha xeito normalizado.

Cres que se hai malos resultados se poden reabrir as feridas?
Non. Non vai a haber malos resultados. Non contemplo iso porque non hai ningunha razón desde decembro ata agora para que a xente que nos votou nos deixe de votar. Eu penso que os do voto oculto somos nós.

Segura?
Seguruisima.

Estades incidindo moito na campaña no voto útil?
Nós apelamos sobre todo do voto dos indecisos que é un 33% e moita desa xente dubida e nós nos diriximos a estas persoas e que vaian votar o domingo por unha forza do cambio. E se o PSOE obtén mellor resultado que en decembro o cambio será máis estable porque nós podemos falar con uns e con outros e outras formacións non poden facer iso. E iso é garantir que ese acordo se poida dar para ser alternativa ao PP. 

E como podedes convencer a eses votantes desencantados que están marchando en masa a En Marea. E iso vímolo nas pasadas eleccións?
Neses sitios onde gobernamos, concellos, autonomías ou deputacións, pois demostramos fiabilidade e saber xestionar. E en momentos tan complicados como estes porque están en perigo as pensións, a sanidade ou a educacións hai que ser fiable para xestionar a cousa común e defender ese modelo que é ese modelo das oportunidades. E iso facémolo onde estamos.

Como ves a Xocas nesta campaña?
Pois Xocas está facendo unha campaña como se fora as autonómicas. Está participando en moitos actos, mítines a pé de rúa. Está facendo un traballo moi intenso e estase fogueando moi ben para as autonómicas.

As autonómicas están xa moi preto. Cres que os resultados destas eleccións van influír neses comicios?
Home. Eu penso que si. Se a posición do PSOE a nivel do Estado é boa e presidimos o goberno terá efecto positivo en Galicia. É necesario un cambio a nivel estatal e a nivel galego. Estanse dando as mesmas necesidades no Estado e en Galicia e, por iso, é importante trasladar un proxecto que pode mellorar as súas vidas.

E senón?
Non contemplo esa posibilidade. Non vai a pasar, de verdade.

En todo caso, aquí a campaña é menos agresiva entre En Marea e vós. Credes que hai posibilidades de entendemento no futuro?
Non estamos falando de ningún posicionamento novidoso. Xa dixemos desde as locais que facilitariamos gobernos alternativos onde puideramos. E así o fixemos. A nosa capacidade de cogoberno con forzas de esquerda está sobradamente demostrada. Agora vemos que En Marea e que Podemos e EU están tendendo a man. Pero e que nós xa a temos tendida desde decembro. Ese escenario no nos preocupa porque xa o facemos... Tender pontes con forzas cos que temos posición en  común.

Móllate e dime unha predición de resultados?
Agora xa me pillas... Penso que imos dar unha sorpresa bastante importante. Os nosos resultados van mellorar e imos ser quen de encabezar o goberno do cambio. Os datos van ser moito mellores que en decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 A vida sigue igual

Houbo mariscada? porque os acordos chegan antes, se por diante hai unha mariscada de 3.000. Para que logo falen de xacobinos, se as decisións importantes se toman na periferia.

3 Balbino Fernández

A señora Cancela ven do Partido Podre, que noxo, dando leccións. Leiceaga chega desde a saga dos trepas, contra fiscalidade galega e contra autodeterminación quen fundou e representou o BNG, pois do Bloque sairon ratas como Beiras, Martinho, Ferreiro, até o untuoso portavoz do PP foi amamantado en Radio Fene por Rivera Arnoso. E Ana Pontón, a onde trepará? Que ninguén o dubide, moitos do Bloque xa están esperando a chamada das Mareas españolizadas para seguir trepando. O natural do cargo remunerado do BNG é ser trepador!!!

2 Ted Flanders

Pois quítaa, porque estes traban nela!

1 Bernardo

Cál delas? Porque a outra iba cara a extrema dereita,muleta do PP.O PPSOE non sei se terá remedio.Como non se rebelen as bases quedannos catro anos de sufrimento atroz.