ÚLTIMA HORA.- Volven as comilonas do PP en Arxentina

Non pasou nin unha semana da victoria de Feijóo, e o PP de Arxentina xa organizou unha festa-comida na súa homenaxe, a pesar das mensaxes de austeridade lanzadas polo futuro presidente para "desterrar" da vida política actos de derrochismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/03/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

19 lostrego

Sei que non ten nada que ver pero pidovos permiso para informarvos disto:

Hoxe na empresa de Telemarketing EUROCEN, na Coruña, que presta servizos de atención ó cliente de MOVISTAR para TELEFONICA, anunciaron 500 DESPEDIMENTOS, non porque non haxa traballo ou o fagan mal, senon porque van abrir unha delegación en Chile aforrando custos...
O Goberno Socialista é complice por non modificar a LEY GENERAL DE TELECOMUNICACIONES , engadindo un artigo no que se estabeleza que TODAS AS CHAMADAS QUE SE EMITAN DENDE O ESTADO ESPAÑOL SE ATENDAN DENDE O ESTADO ESPAÑOL
Os nosos datos persoais privados están en paises onde non existe protección de datos nin se aplica o código penal español, polo que poden facer o que queiran sen consecuencias xurídicas.
É honesto que estas empresas que obteñen millóns de euros de beneficios atendendo chamadas que se emiten dende o Estado Español, destrúan postos no própio Estado para crialos fóra???

O Goberno debe parar esta sangría porque legalmente pode e ten capacidade para facelo

18 co_dedo_na_vincha

moito olliño co arranque do pp_feixóo:

Feijóo desmantelará el modelo de servicios sociales del bipartito

EL PRESIDENTE ELECTO ABRE LA PUERTA A LA GESTIÓN ¡¡¡PRIVADA!!!

http://www.elpais.com/articulo/Gali...

17 co_dedo_na_vincha

paréceme a miín que, unha simple comida-celebración post-electoral, non ten categoría de noticia de alcance. tampouco me parece que indique nada negativo nin positivo. é simplemente un acto social programado livremente por unha determinada organización social.

así que, miñas donas e meus cabaleiros, un pouco máis de seriedade que o que está por vir, está por vir e, polo momento, aínda non chegou.

16 anónimo

En Galicia o PP no estado o PSOE e nas diputacions e nos concellos grandes o PSOE e o BNG.

O PSOE tendo que atender o Pais Vasco, cabreado cos resultados de Galicia e dando por feito que esta é terra do PP.

A crisis escomenzando de verdade....En fin, sorte pa todos pero eu vexo Galicia a duas velas... Saudos

15 eumésdecentroña

Parece que non vos gusta que se digan os derroches do PP, mais vos vades cansar de oilas durante os próximos catro anos, se é que chegan ó final da lexislatura.
O pobo galego non está por seguir aturando gobernos que desgobernan, sexan bng-psoe ou pp.
Da o mesmo. RESPONSABILIDADE XA.