Temas: PACMA ELECCIóNS

Os animalistas consolídanse como a sexta forza en Galicia

O Pacma é, xunto co PPdeG, a única forza que gañou máis votos o 26X a pesar da abstención.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/06/2016 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O Partido Animalista contra o Maltrato Animal (Pacma), consolídase xa como sexta forza en Galicia. Pacma obtivo na comunidade galega este 26 de xullo algo máis de 16.600 papeletas, 3.000 máis que o pasado decembro e alcanzou en torno ao 1,1% dos sufraxios.

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

O pasado 20 de decembro obtivera 13.523 papeletas a favor e o 0,82% dos sufraxios. De feito, esta formación é, xunto co Partido Popular, a única que subiu en número de votos nas eleccións xerais deste domingo, cuns 3.000 apoios máis e ascensos nas sete grandes cidades, onde superou amplamente o 1% dos votos.

De feito, nalgunhas delas, como en Vigo, o Pacma estivo moi preto do BNG. Nesta urbe obtivo case 2.400 votos e o 1,43% de porcentaxe, fronte aos  3.300 do BNG que obtivo unha porcentaxe dun 1,97%.

O Pacma consolídase xa como a sexta forza política galega, moi por enriba doutras formacións como Recortes Cero-Grupo Verde (uns 3.760 votos), Comunistas de Galiza-PCPE (uns 1.650 votos), Vox (algo máis dun milleiro), UPyD (menos de 1.000), Escanos en Branco (sobre 700) e SAIn (uns 400).

Temas: PACMA ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Antonimus

En canto fagan unha campaña centrada no "voto ovella"...arrasan

5 Sariña de Oia

Pois alégrome por eles, estan a face unha campaña sen miedo e sen desviarse dos seus ideales. Saben que teñen poucas posibilidades pero seguen a presentarse e non deixan de medrar. Ánimo!!

1 Antinostrus

Guau, guau!!.

4 BNG JA,JA

Coidado os da seita UPG-BNG que estes veñen moi fortes. Un pouco máis e o BNG será a sexta forza

3 Antinostrus

A pouco que nos despistemos o Partido este da Bicheria entra no Parlamento e teremos que ceder-lle o paso e a vez aos seus Cánidos e Nostrus á Corda en Restaurantes, Bibliotecas e Centros Sanitarios......e levantar a patiña para me xar........xa o dicia o Castelao: "aquel que tén un Can para ter en quen mandar"

2 mareya refluxente...

eu tamen prefiro que me gobernen os animalarios, na republica de bicholandia, antes que me gobernen os egolatras waldo das jons e -vieiras toleais