Temas: SUICIDIO

Badaladas para poñer fin aos suicidios

O Movemento Galego de Saúde Mental convoca concentracións en toda Galicia para pedir un plan de prevención contra o suicidio tras rexistrarse case 400 mortes en 2014.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/06/2016 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Badaladas contra os suicidios. Esa é a proposta do Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) que convoca distintas concentracións este xoves nas cidades galegas para reclamar un plan de prevención contra o suicidio.

Rolda de prensa do Movemento Galego pola Saúde Mental
Rolda de prensa do Movemento Galego pola Saúde Mental

Con esta iniciativa quérese lembrar que cada día se suicida polo menos unha persoa na comunidade autónoma —rexistráronse 394 mortes deste tipo no 2014—, razón pola que o MGSM lle esixen á Consellaría de Sanidade a elaboración dun plan preventivo. Estas concentracións están apoiadas por SOS Sanidade Pública, CIG e CCOO, entre outros colectivos.

As recomendación da OMS afirman que o suicidio pode previrse eficazmente e, por iso, apostan polo obxectivo de reducir en cada país nun 10% para o ano 2020 o número de mortes por esta causa. Imperativamente chama ós Gobernos a liderar e a desenvolver Plans de Prevención do Suicidio.

Por iso, o Movemento Galego da Saúde Mental, respostando a ese mandato, iniciou o pasado 3 de maio a campaña Badaladas pola prevención do suicidio, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os gobernantes teñen coa protección da saúde e da vida da poboación.

“Esiximos que con urxencia se elabore ese plan, por unha comisión técnica capaz e crible, cun carácter multisectorial, articulado co necesario Plan Galego de Saúde Mental, e dotado suficientemente”, apuntan desde a CIG.

Segundo CCOO, o plan galego ha ter carácter multisectorial e dotarase de suficientes recursos para afrontar o problema e artellalo no plan de saúde mental de Galicia. Todas esta entidades tamén coinciden á hora de pedir a constitución dun comité técnico para a elaboración do plan e a creación de comisións clínico-asistenciais en cada xerencia sanitaria do país.

Concentracións (todas ás 20 h):

A Coruña: diante do Obelisco
Ferrol: praza de Armas
Lugo: praza Maior (diante do Concello)
Ourense: xardíns do Padre Feijóo
Ribeira: praza do Concello
Cangas do Morrazo: praza do Concello
Pontevedra: praza da Peregrina
Vigo: praza da Constitución

Temas: SUICIDIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 O enterrador de Castroforte

Prever un suicidio é como prever un tsunami. Este é outro grupo de cazadores de subvencións.

1 Gamela

Pois máis alá das concentracións, sería bo dar datos dos suicidas en tempo real, do mesmo xeito que se fai coa violencia contra as mulleres... Algúns dirán que non é boa cousa publicitar os comportamentos suicidas pero todo o que non se vé non existe... E saber agora no 2016 que no 2014 morreron 394 persoas é coma non dicir moito sobre as causas reais deses suicidios... Ao mellor aquí tamén deberamos SER TRANSPARENTES !