Temas: VERáN AFOGADO

Domingo negro nas praias galegas

Morren afogados dous bañistas en praias de Nigrán e Ribeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2016 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

As praias galegas sufriron unha xornada negra este domingo, con dous bañistas falecidos ao longo da xornada en dous sucesos acontecidos na praia de A Madorra, en Nigrán (Pontevedra), e na de O Vilar, en Ribeira (A Coruña).

Praia de Sabón en Arteixo, ao carón do polígono e do porto Exterio da Coruña
Praia de Sabón en Arteixo, ao carón do polígono e do porto Exterio da Coruña | Fonte: turismo.gal

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos aconteceu pouco despois das 18,00 horas na praia de A Madorra, en Paxón, cando un particular solicitou asistencia para un home que acababa de sacar da auga, onde flotaba boca abaixo.

Ata o lugar mobilizáronse de inmediato efectivos de Protección Civil, GES, Policía Local e socorristas de Nigrán. Asismimo, foi desprazado un helicóptero medicalizado do 061 con persoal sanitario que, non obstante, só puido certificar a morte do bañista, de 63 anos.

Por outra banda, sobre as 20,45 horas, o helicóptero Pesca I rescatou outro bañista que non podía saír da auga na praia de O Vilar, en Ribeira (A Coruña), tras ser arrastrado pola corrente.

A aeronave trasladou a vítima, de 22 anos, ao Hospital do Barbanza, aínda que non se puido facer nada por salvar a súa vida. No operativo participaron tamén unha embarcación de Salvamento Marítimo, Policía Local, efectivos do 061 e Protección Civil.

Temas: VERáN AFOGADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA