Galicia tolera festivais e carreiras de 4x4 no corazón de espazos protexidos

Expertos esixen ao Goberno que faga cumprir a norma que protexe ao núcleo da Rede Natura e dos Parques Naturais da presión turística. Nos últimos anos permitíronse, por exemplo, ducias de todoterreos correndo nun parque natural ou miles de personas nun festival nunha zona protexida para aves.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/07/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Que sentido ten delimitar espazos coa máxima protección que permite a Rede Natura se logo organízanse neles carreiras de 4x4 ou macrofestivais? Así pode resumirse a denuncia pública que acaba de facer a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Prai de Valarés, onde se organiza o festival V de Valarés, nunha imaxe dun vídeo promocional do festival
Prai de Valarés, onde se organiza o festival V de Valarés, nunha imaxe dun vídeo promocional do festival

Lista de eventos
Os ambientalistas aportan unha lista de eventos que mostra até que punto a Rede Natura queda ás veces en papel mollado:

  •     “ Farinato Race Lugo ” o 23-05-2015, carreira de obstáculos extremos con máis de 700 participantes polo leito do río Rato na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
  •     Festival “Con V de Valarés” entre o 14 e 16-08-2015, cuns 4200 asistentes en 2015 na praia de Balarés, Zona 1 da ZEPA Costa da Morte.
  •     ”A ruta dos Faros”, senderismo en etapas dende Malpica ata Fistera, con máis de 400 participantes por etapa e pasando por zonas 1 e 2 da ZEPA Costa da Morte (Norte) en primavera.
  •     “VI Costa-Trail de Oleiros Seixo Branco” o 03-04-2016 polo ZEC Costa de Dexo.
  •     Proba con vehículos 4X4 o 02-04-2016 no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés (que ademais é ZEC e ZEPA) que atravesou por zonas supostamente coa máxima protección tamén segundo o PORN do Parque Natural: Alta Serra do Xurés en Lobios, Serra de Santa Eufemia, Barranco de Cruz do Touro en Lobios.
  •     “Ultra Trail” na ZEC Serra do Courel o 28-05-2016, no que os organizadores incumpliron as instrucións da DX Conservación da Natureza, desviaron o trazado sobre o previsto e desbrozaron monte a través e sen permiso.
  •     “I Trail Fragas do Eume” o 19-06-2016 no Parque Natural homónimo (que ademais é ZEC e ZEPA).
  •     “Treslunas Race”previsto para o 05 e 06-08-2016 na Serra de Enciña da Lastra (LIC, ZEPA e Parque Natural) e que contempla un número máximo de participantes de ata 500 en bicicleta TT e ata 300 a pé.

Reivindicacións da SGHN
Ante tales violacións da normativa, a SGHN reclama á Xunta que prohiba con carácter xeral as actividades recreativas multitudinarias nas Zonas 1 e 2 dos espazos naturais declarados Zonas de Especial Conservación, que son o núcleo da Rede natura. Para as zonas 3, as delimitadas para acumular a presión turística e recreativa, pide que os eventos “se autoricen individualmente xa que poden existir zonas con valores ambientais incompatibles “.

A SGHN alerta que xa pasaron máis de dous anos dende a promulgación do Decreto 37/2014, que en teoría regula esta problemática. Con todo, no mesmo “corazón” dos espazos naturais máis valiosos, sensibles e emblemáticos de Galicia seguen a realizarse eventos multitudinarios. Os ambientalistas esixen medidas para cumprir e divulgar o que dita o Decreto.

Algúns dos eventos citados polos ecoloxistas está previsto que se repitan. Por exemplo, o Festival V de Valadares no próximo agosto. O evento aproveita os valores naturais da zona no seu material promocional, como neste vídeo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta