Temas: MéXICO

Seminario de oportunidades de negocio en México

O 13 e o 15 de xullo representantes da plataforma Pexga en México visitarán Galicia para manter un encontro con empresas interesadas no mercado mexicano co obxectivo de facilitar espazos de de colaboración.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 05/07/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A plataforma Pexga organiza este tipo de encontros nos que as empresas teñen oportunidade de coñecer de primeira man as características de cada un dos mercados.

Nesta ocasión haberá un especial foco no sector automotriz e industria auxiliar. As principais actividades son:

Feijóo e Peña Nieto na breve conversa que mantiveron en México
Feijóo e Peña Nieto na breve conversa que mantiveron en México | Fonte: Xunta
  • Seminario Sector Automotriz e Industria Auxiliar en México: Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o mércores 13 de xullo a partir das 9.45 h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela. Fernando E. Rivadeneyra Núñez, Subdirector da Plataforma Empresarial de Galicia en México, e Vidaur Moura Espinoza, experto en aduanas e investimento estranxeiro, serán os encargados de achegarnos a un sector que nos últimos anos experimentou un forte crecemento en México.
  • Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en México de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden serlle de utilidade.

O horario previsto para a realización destas reunións será de 12.00 a 18.30 h o mércores 13 de xullo, e de 10 a 14.30 h o venres 15 de xullo. En ambos os dous casos, as entrevistas serán na sede da CEG (Rúa do Vilar, 54 - Santiago de Compostela).

A organización explica que a participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa e que, dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición.

México foi historicamente un país co que Galicia mantivo fortes lazos comerciais. Desde 2009, o número de empresas exportadoras a México foise incrementando paulatinamente, sumando en 2015 un total de 488 cun volume de negocio que alcanza os 247.339.324 euros. No apartado “Documentos” deste sitio web pode descargar o informe relativo ás relacións comerciais Galicia - México 2009 - 2015 xeral e por sectores.

Empresarios de Ourense nunha reunión coa PEXGA
Empresarios de Ourense nunha reunión coa PEXGA
Temas: MéXICO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lupita

Soy mexicana y actualmente recibo la ayuda de infonavit . Deseo abrir un negocio, y gracias a estos señores me han asesorado debidamente. He tenido que utilizar google translator para poder entender lo que ponía. Es un idioma muy hermoso el suyo!