Feijóo convértese en fervente felipista

O presidente da Xunta destaca as virtudes “dun dos mellores presidentes” que tivo España e pídelle ao PSOE que teña en conta a súa opinión tras insistir o ex dirixente socialista que se negocie con Rajoy.

Por Galicia Confidencial | Composela | 07/07/2016 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desfíxose este xoves en abafos a quen foi durante varias lexislaturas presidente do Goberno español, Felipe González. “Hai que facerlle caso as súas opinións”, dixo tras apostar o ex presidente socialista por unha negociación do PSOE co PP para facilitar a investidura de Mariano Rajoy,

Rolda de prensa de Feijóo logo do Consello
Rolda de prensa de Feijóo logo do Consello | Fonte: xunta.es

“González  foi un dos mellores presidentes e gañou 4 veces as eleccións. Tivo as maiores cotas de escanos e votos acadadas nunca polo PSOE e outros obtiveron os peores resultados da historia deste partido”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta en clara alusión a Pedro Sánchez, actual dirixente deste partido.

Feijóo eloxiou a postura de González e dixo que no PP “interesa moito” o que di. “Espero tamén que lle interese a outros dirixentes do seu partido”, ironizou ante a negativa da actual dirección socialista a votar a favor da investidura de Rajoy. “Con unha persoa como González dirixindo este partido, moi ben lle ía ir ao PSOE”, dixo.

“SUCESIÓN” NO PSOE

Por outra banda, o presidente galego tamén ironizou coas declaracións do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Paje, que dixo esta semana que vía a Feijóo como o substituto de Rajoy, mesmo nesta lexislatura no Congreso. “Agradézolle a valoración da miña persoa, pero se hai unha sucesión prevista esa é no seu partido”, contestou.

Neste sentido, suliñou que “onde hai un dirixente dun partido que quere ser substituído por un presidente autonómico” é no PSOE e non no PP, en clara alusión á líder do PSOE en Andalucía, Susana Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Salustio

Feijoo nunca dixo nada que pagara a pena aescoitar.ë unm tipo plano, dun país, Galicia, que permanece en estado catatónico. Igual é que está mortocomo país e como pobo.

2 Salustio

Feijoo nunca dixo nada que pagara a pena aescoitar.ë unm tipo plano, dun país, Galicia, que permanece en estado catatónico. Igual é que está mortocomo país e como pobo.

1 Gamela

O grupo PRISA ataca de novo !!! GONZÁLEZ á dereita de C's e Podemos entrevistado por El Pais ? Sumamos e seguimos como estabamos ¿non si? Feijoo salvándo o seu sillón !!! http://cotarelo.blogspot.com.es/201...