GC sortea unha fin de semana nun hotel rural de Chaves

Hotel Casa Grande Seixo será o destino dos que participen nun sorteo a través de Twitter e Facebook.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial sortea unha estancia de fin de semana para dúas persoas no Hotel Casa Grande Seixo, un establecemento de Turismo Rural de Chaves, para quen participe nun sorteo que este medio realizará a través da súa conta de Twitter e Facebook.

Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves
Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves

O xogo é doado. Os interesados teñen que contestar diariamente a unha cuestión sobre a historia da Gallaecia que será publicada a través da conta oficial de Facebook e Twitter de GC a través do hashtag #historiadaeurorrexion. Os participantes terán que contestar utilizando o mesmo hashtag. Poderán axudarse utilizando os contidos da guía de Gallaecia á Eurorexión.

Con todos os participantes que resposten correctamente a todas as cuestións, GC realizará un sorteo. O ou a afortunada poderán gozar da fin de semana, con almorzo incluído, no Hotel Casa Grande Seixo, moi preto da cidade de Chaves.

Esta estancia está ofrecida pola AECT Eurocidade Chaves-Verín en colaboración con Galicia Confidencial.

Vistas desde a piscina do Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves
Vistas desde a piscina do Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta