Temas: ATLETISMO

500 deportistas participarán no Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo

Entre os corredores estarán nomes como Mauro Triana e Solange Pereira.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ourense acollerá por segundo ano consecutivo a celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo. A cita será este sábado nas pistas Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar e durante a súa celebración conmemorarase o centenario do seu nacemento. Máis de 500 destacados atletas competirán na 83 edición da categoría masculina e na 48 edición da categoría feminina destes campionatos, en cuxa organización están implicadas as principais institucións ourensás, entre elas a Vicerreitoría do campus de Ourense a través do seu Servizo de Deportes.

Alessandra Aguilar, entrando na meta de Pequín.
Alessandra Aguilar, entrando na meta de Pequín. | Fonte: @atletismoRFEA

Ángel Fidalgo, director técnico da Federación Galega de Atletismo, subliñou como “o atletismo galego está moi revalorizado a nivel nacional tanto en lanzamentos, como en saltos, como en velocidade, polo que vai haber probas de gran categoría, interesantes e moi competidas”. Entre os atletas masculinos destacou ao coruñés Mauro Triana e na categoría feminina a Solange Pereira.

A cita, comentaron desde a organización, coincidirá coa celebración dos "100 anos do atletismo en Galicia", para o cal se ten preparado unha exposición que leva por título Un século de 13 Xogos e 25 Olímpicos e na que se fai un repaso dos atletas olímpicos galegos ao longo de todas as edicións dos campionatos. A maiores editarase unha medalla conmemorativa do centenario que será entregada a cada gañador e gañadora do evento deportivo que terá lugar este sábado en Ourense.

Temas: ATLETISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta