Temas: CABALO

A tradición que corre polas veas de avós a netos

A rapa das bestas de Sabucedo non é unha festa calquera. É unha tradición tan fonda e sentida que só os veciños desta parroquia da Estrada entenden o seu significado.

Por Galicia Confidencial | Sabucedo | 22/07/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

“Para nós, conservar as últimas eguas salvaxes que viven no mundo é unha tradición, e pesa, e vai tatuada na pel dos nosos pais, avós, dos nosos antergos... Somos os gardiáns desas bestas que viven salvaxes”, asegura Michel Touriño, aloitador.

Loita entre cabalos na rapa das bestas de Sabucedo
Loita entre cabalos na rapa das bestas de Sabucedo | Fonte: Óscar Dacosta

De feito, se non fora polos cabalos, os montes estarían abandonados, feridos de morte e desprotexidos. Eles son os seus donos, os que evitan lumes, manteñen camiños e alimentan as camadas dos lobos. Son un elemento indispensable da cadea natural. Vídeo de Óscar Dacosta en historia na Web Historia de Galicia

Temas: CABALO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta