A UPG e EI avanzan posicións

Nos últimos días trascendeu xa a existencia de contactos importantes para a consecución dun pacto de mínimos entre a UPG e o Encontro Irmandiño, que lidera Beiras, de cara á Asamblea Nacional da vindeira fin de semana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/05/2009 | Actualizada ás 09:19

Comparte esta noticia

None

Entre Máis BNG, o grupo que acolle aos quintanistas e a outros grupos da fronte nacionalista xa dan por feito este acordo e apuntan que tanto a UPG coma EI xa teñen feito unha división da futura Executiva así como designado ao próximo voceiro nacional. Este acordo, avanzado xa por renovarobng recolle dúas posibilidades; que Máis BNG se integre nesta lista logo da Asamblea Nacional ou non. No primeiro caso, habería unha Executiva de 15 membros: 7 da UPG, 5 de Máis BNG, 3 de EI. No segundo caso; a UPG contaría con 10 membros e EI, 5. Ambas as forzas tamén recollen a posibilidade de incluír a un membro de Movemento Galego polo Socialismo (MGS) en función dos resultados que colleiten. Nas dúas posibilidades a UPG reservaríase o portavoz nacional e a Secretaría de Organización, deixando como elemento negociador ao Coordinador da Executiva. Ambos os dous grupos tampouco aceptan vetos a ningún dos seus membros; é dicir, que tanto Xosé Manuel Beiras, coma Francisco Rodríguez poderán formar parte da Executiva.

Neste suposto acordo non participarían dous dos sectores que formaron parte das Listas Abertas, promovidas por EI; Esquerda Nacionalista e algúns camilistas con Nogueira á cabeza. O primeiro grupo é partidario de apoiar aos quintanistas e o segundo mantense, polo momento, á marxe de calquera pacto. Con todo, e segundo apuntan fontes de EI e da UPG, "non hai pacto ningún" e aseguran que tanto EI como a UPG presentarán listas propias á asamblea. "Todo é unha montaxe dos quinistas para tentar apañar máis votos", apuntan dende unha destas candidaturas.

Pola súa banda, entre os membros do quintanismo hai diferentes opinións sobre a posibilidade de incluírse nese futuro pacto. A priori, todos están dacordo en que non haxa acordos nin conversas para futuros acordos (tal e como teñen feito EI e a UPG) ata despois da Asamblea Nacional. Sen embargo, os intereses son diferentes en relación aos resultados do cónclave e co pacto entre EI e a UPG enriba da mesa. Hai un grupo que desbota entrar nese pacto e que se mantería na "oposición" dentro do novo BNG, mentres que outro grupo apostaría por negociar con EI e a UPG pero "coas nosas condicións" e en función dos resultados da asamblea. "Está claro quen é o máis coherente neste proceso", apunta un dirixente desta corrente que carga as súas críticas contra EI. "Non eran eles os que dicían que quen mandaba era a militancia?. Pois parece que nin esperan a que fale a militancia. Puñan a parir á UPG e resulta que agora botanse nos seus brazos. A verdade é que, aquí, quen sempre sae gañando é a UPG", ironiza. "O principal problema é que hai dous actores; Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Beiras, que queren seguir pivotando a formación como se estiveramos no ano 82 e non se dan conta de que os tempos cambian e o líderes tamén", apunta outro dirixente.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

15 artabro

Iso exactamente vale para a maioria dos politicos/as de calquér partido, ou vas decirme, Anónimo, que solo no bng hai xente que non ten outro medio de vida que non sea o politico? Porque tanto no psoes como no pp hainos a feixes, recordoche os nomes??? e non solo viven do politico senón que non teñen outro medio de vida fora dela, nin posibilidades por carecer de ningún tipo de oficio, cualificación ou formación que poida ser medio e forma de sobrivivir fora das institucións politicas.

14 anónimo

O Bng debería desaparecer, pero nise caso a ver de que ían viver xente como Castrillo ou Lobeira.

13 Ate o carallo

Adiro o dito por nun_pis_pas. A la mierda! estou canso.

12 amoscaesquerdosa

Pero que hai de chamativo nestes contactos se a coincidencia na liña política é case total?
Quitemos un pouco de palla e veremos que o proxecto beirista, upegallo e quintanista son esencialmente iguais: Galiza aclasista; unidade de todas as clases sociais (tamén a capitalista galega: ou sexa, a CEG e demais, agás unha indetermianda "oligarquía" que ninguén di a quen contempla)a prol dun proxecto común de nazón; alianzas interclasistas (dentro e fóra de Galiza)a prol de obxectivos diversos, pero sempre, como non pode ser doutra maneira, baixo a batuta dos que teñen o poder real: os capitalistas... e como correlato, o típico electoralismo ramplón de quen quedou entrampado polas regras do sistema.
Así ocorreu o que ocorreu no bipartito: que había que "desnvolver as forzas productivas propias" (baixo a propiedade de quen?)e crear "país" (con que sistema de producción e intercambio?) e por tanto, deixar para outro tempo "sine die" calquera política de ruptura co sistema... parados e empresarios todos xuntiños da man na procura dunha Arcadia felíz.
Que máis dá falar de asemblearismo interno se á hora da verdade desbótase a pular polo desenvolvemento do asemblearismo nas fábricas, nos barrios, etc. e das súa sloitas e movilizacións, porque iso significaría un "dobre poder" de facto, isto é, un cuestionamento dende a base do dominio da patronal?
Negociacións e compoñendas para o reparto das cadeiras do poder interno: pura lóxica cando as diferenzas son sinxelamente de carácter organicista.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

11 nun_pis_pas

lamento que dende hoxe teña que decidir deixar de seguir a maioría das novas publicadas na prensa escrita, dixital, audiovisual, etc. referidas ao BNG. simple cuestión de economizar o tempo e as neuronas. cheguei á conclusión que, polo menos para min, resulta imposible seguir tódala cantidade de mensaxes, corrientes, listas, etc. cando, para máis esforzo baldío meu, os actores principais e decididores do resultado final da debate, adícanse a pronunciarse de forma encriptada empregando cadanseu un código de encriptamento diferente. o dito sinto ter que deixar de ollar este galimatías que soio me estaba a ocasionar unha baleirada do tempo. co que se pode desfrutar con outras cousas ... cómo sería posible qué non de dera dado conta fai tempo? ...

cadaunhacheguei á