Que pasará politicamente este 25 de xullo

O nacionalismo galego volve separarse no Día da Patria tras a convocatoria unitaria do 2015. BNG, Anova, Compromiso por Galicia e independentistas realizarán actos por separado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A política ocupará un posto prioritario este 25 de xullo,especialmente, para as formacións nacionalistas que celebran o que considerean o día de Galicia. Os actos centrais deste 25 estarán, novamente, acaparados polas formacións nacionalistas.

Praza da Quintana o 25 de Xullo de 2015 na manifestación de A Nación Galega
Praza da Quintana o 25 de Xullo de 2015 na manifestación de A Nación Galega | Fonte: Xavier Campos

Con todo, o nacionalismo galego volve este 25 de xullo a separarse nos actos da reivindicación do Día da Patria despois da convocatoria unitaria que tivo lugar o pasado ano e na que confluíron todas as organizacións políticas nacionalistas, galleguistas e independentistas na habitual manifestación que parte a mediodía da Alameda compostelana.

Coa cita electoral autonómica a uns meses, e sen posibilidade de que o nacionalismo que emprendeu camiños separados tras a asemblea do BNG de Amio en 2012 concorra conxuntamente á cita coas urnas, cada formación exhibirá o seu músculo respectivo en senllos actos.

BNG e Anova

O BNG mantén a súa habitual manifestación que parte ás 12,00 horas da Alameda compostelana e que rematará no Praza da Quintana, onde a voceiro nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, ofrecerá un discurso despois de chamar a que esta convocatoria sexa o primeiro paso para a "derrota" de Alberto Núñez Feijóo no Goberno.

Unha das últimas manifestación de Causa Galiza  un25 de Xullo
Unha das últimas manifestación de Causa Galiza un25 de Xullo | Fonte: diarioliberdade

Pola súa banda, Anova, que dende 2012 formou parte das candidaturas de confluencia nas sucesivas citas electorais, celebrará un acto político no compostelano parque de Galeras no que haberá un recordo especial para os 100 anos das Irmandades dá Fala. O veterano político Xosé Manuel Beiras pechará, como voceiro nacional, o acto antes de dar paso a unha xornada de convivencia.

Neste acto, segundo confirmaron a Europa Press asistentes ao evento, intervirá tamén o que foi voceiro parlamentario do BNG e que deixou a militancia nesta formación tras a asemblea do Bloque de febreiro deste ano, Carlos Aymerich. Actualmente, está integrado no Foro Galego.

CxG e independentistas

Compromiso por Galicia, formación do ámbito galleguista, tamén terá o seu propio acto. Ás 10,00 horas, reunirase o Consello Político Nacional e ás 13,30 horas, no parque Eugenio Granell, terá lugar o acto político, coa intervención do secretario xeral e candidato á Presidencia da Xunta, Xoán Bascuas.

Por outra banda, diferentes persoas a título persoal, aínda que ligadas a colectivos independentistas, convocan a unha mobilización baixo o lema 'Pola independencia nacional. Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas'. Esta manifestación sairá da Alameda de Compostela a partir das 12.30 horas e rematará na Praza do Toural. 

Comité Galego de Solidariedade Internacionalista

Tamén este 25 de xullo, ás 16h30, nas escaleiras da Alameda de Santiago de Compostela, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes convoca, como parte da súa axenda de denuncia do imperialismo en todo o mundo, unha acción simbólica de apoio aos pobos da América Latina "nun momento de permanente agresión por parte dos Estados Unidos co fin de recuperar o seu patio traseiro". 

O obxectivo é tamén, por uns momentos, "transformar o Día Nacional de Galiza nun día para o internacionalismo e denunciar publicamente os ataques contra Venezuela, Brasil, Arxentina, Ecuador, Bolivia, Honduras ou Haití". No acto, que se realizará baixo o lema "Fora o Imperialismo da América Latina" no recinto do Festigal antes do inicio das súas actividades da tarde, será lido un manifesto.

Acto de ANOVA na Praza 8 de Marzo o 25 de Xullo de 2014
Acto de ANOVA na Praza 8 de Marzo o 25 de Xullo de 2014 | Fonte: brais ribeiro twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 John McNamara

Agora que xa vimos as concentracións nacionalistas, por qué non poñedes fotos de todas elas?. Veredes como uns, catro ghatos, están sobredimensionados institucionalmente (ANOVA) e agora se entende o cabreo nas bases de Podemos. Se ANOVA se presentase sóa non creo que chegase ao 0,5% dos votos, e cando lles falte Beiras, e cando lles falta Beiras haberá unha desbandada a Podemos.

1 Bufffff

Pois si. En Galicia de sempre se votou nacionalismo por votar algo que se atopase á esquerda do P"SOE", que é progresía. Eu distingo entre esquerda e progresía. Estes últimos dinse de esquerdas por ter un grupo que lles dea soporte á mala conciencia que teñen, a aquelo que no fondo da súa conciencia consideran inmoralidades. Aos progres, a diferencia dos autenticos esquerdistas, non lles repuna a acumulación persoal de riqueza, e lembro o caso de Rosalía Mera, multimillonaria e á vez progre. Polo dito, eu lembro que antes das últimas municipais, a Marea convocou un acto no pequeno salón de idem do colexio Eusebio da Guarda na Coruña. Vinos saír e eran catro gatos (50 persoas?). Veu aos poucos días Pablo Iglesias ao Palexco e as colas chegaban ao Obelisco.

2 GALIZA LIBERDADE

o inutil paxaro negro o -Vieiras (o traidor o servizo do expañol) presenta su renuncia a candidatura a untada da malicia!!!!! si sigue o -vieiras gaña o pp... VOTAR -VIEIRAS E PP NO PODER! - muita xente na manifa do bloque meus... e escravitude peepira na representación na catedral co borrico de expañol santasnarices bicando o prelado da eirexa prostitutriz de babilonia

1 nostrus

Hoxe é o dia de Galicia e o teu comentario amosa que para os naciotas e un dia de macrobotellon e ti es un dos damnificados. Os naciotas tedes cabida nesta España nosa, cousa que non haberia co resto si tiveramos a Galicia que vos soñades.

1 nostrus

Unha mágoa que luxen a bandeira galega coa estrela vermella.

1 reino suevo

Outro carallo.... outro -vieirista