Temas: ARZúA

Unha muller cun brote psicótico mata a dous familiares e fire a un terceiro en Arzúa

Os axentes localizaron, sobre a cama, os cadáveres dun matrimonio, un home e unha muller de 98 e 84 anos, que faleceron por feridas de arma branca. Outra persoa de 79 anos, sogro da presunta atacante, foi ferido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Unha muller que sufría un brote psicótico matou supostamente dous familiares de avanzada idade na localidade coruñesa de Arzúa e causou feridas a unha terceira persoa.

Arzúa
Arzúa | Fonte: Berenguela.com.

A Garda Civil recibiu unha alerta durante a madrugada deste mércores por unha agresión nun domicilio do lugar de Figueroa, en Arzúa, onde unha muller de 46 anos e diagnosticada de problemas psiquiátricos agrediu cunha arma branca ao seu sogro, de 79 anos.

O home foi evacuado, con cortes leves na cara e colo e hematomas por golpes, ao Hospital Clínico de Santiago por unha ambulancia do 061. Así mesmo, a muller foi trasladada á unidade de psiquiatría do mesmo centro, onde quedou ingresada por un posible brote psicótico.

O macabro achado produciuse horas despois, na mañá deste mércores, cando un familiar chamou a Garda Civil informando de que vira sangue no pomo da porta da vivenda duns parentes da muller, a casa da cal está a escasos 15 metros da da presunta atacante.

No interior, os axentes localizaron, sobre a cama, os cadáveres dun matrimonio, un home e unha muller de 98 e 84 anos, que faleceron por feridas de arma branca. Os axentes atribúen estas mortes á mesma muller.

Temas: ARZúA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta