Temas: SOL VERáN

Galicia, entre as comunidades máis frescas dun caluroso agosto

Segundo un ranking elaborado por Eltiempo.es, Galicia será a rexión máis fresca do Estado, despois de Asturias e por riba de Euskadi.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/08/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A pesar dos récords de temperaturas cálidas que tivo Galicia o pasado xullo, foi unha das comunidades máis "frescas" do Estado. Unha situación que non vai cambiar en agosto, un mes no que as temperaturas serán tan ou máis calurosas que xullo, especialmente, a primeira quincena.

Praia de Rodas, nas illas Cíes.
Praia de Rodas, nas illas Cíes.

Con todo, Galicia será unha das autonomías "máis frescas" tamén en agosto segundo un estudo elaborado por Mar Gómez, directora meteorolóxica de Eltiempo.es. Así, a temperatura media prevista este mes será de 19, 13 grados, medio grado máis que os 18,73 de Asturias e por abaixo dos 19,73 de Euskadi.

Murcia ostenta a marca da temperatura máis alta rexistrada na nosa historia desde que hai rexistros. No observatorio de Alfonso X chegouse a alcanzar o 4 de xullo de 1994 47.2ºC, unha temperatura elevadísima que aínda non se superou.E será esta rexión a que volva ter as temperaturas medias en agosto máis altas de España con medias de 26.3ºC. No mes de agosto a máxima máis alta rexistrada foi a máxima de 43.2ºC en agosto de 2012.

Extremadura e Valencia tamén serán as máis calurosas. Na Comunidade Valenciana en agosto as temperaturas medias roldan os 25ºC. Os veráns en Estremadura son especialmente abrasadores. As temperaturas máximas chegan facilmente aos 40ºC. As temperaturas medias no mes de agosto son duns 25ºC tamén. 

Temas: SOL VERáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 arzuacapital

a máis fresca? en que neveira, na túa ou na miña? a provincia de Ourense é, climatolóxicamente unha caldeira, para a súa desgraza