Foz prepárase para o seu primeiro Why Not Here Fest de música para o cambio social

O festival contará, entre outros, con Siniestro Total, Soziedad Alkoholica, Macaco, Def Con Dos, Loquillo, Mago de Oz e Reincidentes. As datas: 11, 12 e 13 de agosto.

Por GC Tendencias | Foz | 09/08/2016 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Foz prepárase para tres días de música con grupos variados chegados de toda España e de América do Sur, e cunha mensaxe: a música pode facer mudar a sociedade. Será no Why Not Here Fest, un festival que se presenta na súa primeira edición como un evento para promocionar esta localidade luguesa pero tamén para contribuír ao cambio social.

Why Not Here Fest, en Foz.
Why Not Here Fest, en Foz.

O Why Not Here Fest celébrase os días 11, 12 e 13 de agosto e conta cun variado cartel de artistas que, segundo a organización, comparten todos un compromiso social nas súas letras a prol dos cambios sociais e unha crítica á sociedade consumista, "bandas que coas súas letras denuncian a tolemia xeralizada dun sistema que non funciona".

Serán 26 bandas e artistas os que pasarán polo escenario escenario de 18 metros do festival, que conta ademais con zona de acampada (incluída no prezo) con todos os servizos, zona de mercado, con artesanías, tatuaxes e postos de comida variada.

Entre os músicos estarán Siniestro Total, Soziedad Alkoholica, Macaco, Def Con Dos, Loquillo, Mago de Oz, Reincidentes, Abuela Coca, Reytoro, Once Tiros...

Tamén, e para favorecer a participación de familias, haberá actividades para nenos de ata 12 anos para potenciar a súa autonomía e creatividade desde o xogo e a aprendizaxe. As actividades adaptaranse dependendo das idades dos participantes e os pais e nais poderán acompañalos se queren.

O abono para os tres días custa 56 euros e o billete para cada xornada, 25 euros o xoves 11 e 30 euros o venres e o sábado.

HORARIOS

  Xoves 11     Venres 12     Sábado 13
16:00:00 Comparsa Local   16:00:00 Tarascada   16:00:00 Antibanda
17:00:00 Festicultores   16:50:00 Deville   16:50:00 Escuela de Odio
18:00:00 Pelado Guru   17:45:00 Ciclonautas   18:00:00 Dakidarria
18:50:00 Gonzalo Brown   18:55:00 Def Con Dos   19:00:00 Reincidentes
19:40:00 La Desbandada   20:15:00 Snake   21:00:00 Once Tiros
20:30:00 El Sombrero del Abuelo   21:15:00 Loquillo   22:30:00 Soziedad alkoholika
22:00:00 Macaco   23:15:00 Reytoro   00:30:00 Siniestro Total
00:00:00 Abuela Coca   00:30:00 Mago de Oz   01:50:00 Pussycat Kill
01:05:00 El Chamuyo            
02:05:00 Arrhythmia            

PUNTOS DE VENDA EN LIÑA

Wegow

Notikumi

Abanca

Ticketmaster

PUNTOS DE VENDA FÍSICOS

Foz
THE BEAST MASTER STUDIO
Calle cervantes 17 bajo

‪Coruña
666 pub
Calle socorro 16 bajo

Burela
Hotel Palacio de Cristal
Avenida de Arcadio Pardiñas, 154

Viveiro
Viveiro Tattoo Estudio
Juan Navia Castrillón, 14 bajo derecha

E tamén a través de Ticketmaster en Fnac, Carrefour e Halcón Viajes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta