Temas: EL PROGRESO

Morre outro gran xornalista, Ángel Vaqueiro

Era un profesional cheo de vitalidade e de humor que traballou, principalmente, no grupo La Capital e o grupo El Progreso de Lugo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/08/2016 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O xornalista do grupo El Progreso Ángel Vaqueiro Angueira, de 54 anos, faleceu este martes no hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, logo de pasar os últimos once meses loitando cunha longa enfermidade.

Ángel Vaqueiro
Ángel Vaqueiro | Fonte: Grupo El Progreso

Nado en Caldelas (Tui) en 1962, licenciouse en Ciencias da Información, rama de Xornalismo, na Universidade Complutense de Madrid.  A súa carreira centrouse en dous diarios, El Ideal Gallego, da Coruña, onde comezou sendo moi novo, e El Progreso, ao que se incorporou na primavera de 1990 e onde chegou a ser, mesmo, presidente do comité de empresa. Tamén foi durante quince anos, tesoureiro da Asociación da Prensa de Lugo.

Ademais dirixiou o dixital de El Progreso e, durante quince anos, exerceu diversas funcións de responsabilidade no xornal impreso. Entre elas, as de xefe de sección de Comarcas e, posteriormente, Local. Tamén foi colaborador de Telelugo. Tamén mantiña activo o blog Letras Vaqueiras.

“A noticia do seu falecemento foi recibida en toda a redacción do Progreso e nas demais empresas do grupo como un auténtico xerro de auga fría xa que Vaqueiro era un achegue de saber enciclopédico para todo o equipo que elabora a diario este xornal, dado o seu gran manexo de datos e de documentación sobre unha gran amplitude de temas, sustentado pola súa poderosa memoria”, recolle este xornal.

O xornalista era moi querido entre os seus compañeiros de profesión, precisamente, polo seu sorriso e o seu bo humor.  Vaqueiro será despedido este xoves, a partir do catro da tarde, nun acto fúnebre que terá lugar no tanatorio de Pereiró, en Vigo.

Temas: EL PROGRESO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta