Hai tempo dabondo para solicitar o voto se vives fóra?

Este sábado día 27 de agosto remata o prazo para solicitar o sufraxio nas eleccións autonómicas no referido ao voto exterior. Ao PSdeG non lle parece suficiente tempo debido a que estamos en periodo vacacional.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/08/2016 | Actualizada ás 09:23

Comparte esta noticia

A presidenta da Xestora do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, presentou onte un escrito dirixido á Xunta Electoral de Galicia para solicitar a ampliación do prazo para solicitar o voto exterior, que remata o próximo 27 de agosto. Advirte que tan só quedan cato días, ademáis en pleno mes de agosto, para que os residentes no exterior poidan realizar un trámite indispensable para exercer o seu dereito ao voto.

Pilar Cancela
Pilar Cancela | Fonte: Europa Press.

Actualmente o 17 por cento do censo total de galegos e galegas se atopan nesta situación, un total de 446.235 electores e electoras residentes no estranxeiro, moi por riba dos 69.130 cos que conta por exemplo o País Vasco.

 

A responsable socialista advirte que os prazos hábiles e as datas de verán nas que nos atopamos xogan en contra dos dereitos fundamentais dos galegos e galegas", e pola contra resulta extremadamente doado ampliar as garantías ampliando os prazos. O PSOE pide amplialos “na duración que estime razoable e oportuna” a propia Xunta Electoral.

Cancela argumenta que este trámite afecta tanto aos electoras residentes no estranxeiro como aos emigrantes temporais que no momento das eleccións autonómicas se atopan fora dos seus fogares. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galegoexiliado

"....se vives fóra". ¿Fora de donde? ¿Da Expaña, da Galiza?¿por qué os galegos que residen na Expaña e pagan impostos en Expaña e na Galiza NON PODEN VOTAR e si poden non residentes e non nacidos na Galiza que tampouco pagan impostos no país, nin sufrirán as consecuencias do seu voto, agas alguna subvención ou comilona electoral? VOTO SO PA RESIDENTES XA, ou igualdade pa todos residas donde residas.

1 Xose Manuel

¿Queres deixar un comentario? Moi dacordo haberá que sacar una petición por Change org,