Por GC Tendencias | Ferrol | 29/08/2016 | Actualizada ás 17:31
Bala é un dúo coruñés formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera. Ruidosas, duras e veleoces, o seu son ten influencias do grunge dos anos 90 e tamén de bandas como Melvins ou Pentagram. Este verán actuaron en festivais como Atlantic Fest, Ignition, Festival El loro Facu, SonicBlast Moledo, O Marisquiño e Osa del Mar.
Guerrera é unha banda viguesa de hard rock con tintes psicodélicos famosa polos seus directos longos e musculosos. Despois de xirar por todo o país este verán, están a piques de publicar o que será o seu terceiro disco. Os membros deste combo proveñen doutras bandas galegas da escena independente (Ictus, Holywater, Cuzo, Cró!, Disappointment). En 2013 debutaron cun disco titulado “Under The Gipsy Sun” e este ano estrearon o volcánico “Mauna Loa” que insiste na vía lisérxica vía stoner rock, música negra, ritmos latinos e, sobre todo, moita paisón e suor.
As entradas xa se poden mercar en Ataquilla dende só 5 euros. Organizada por Run-Rum Axencia, a actuación comeza as 9 do serán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.