Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 12:47
O sindicato de enfermaría Satse recriminou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que vaia concluír o seu mandato "sen dar resposta" ás peticións de reactivación da carreira profesional de enfermeiros e fisioterapeutas. De feito, expresou a súa "incredulidade" ante o "despotismo" mostrado tanto por Feijóo coma polo seu conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao "ningunear de forma reiterada" as súas reclamacións.
O sindicato lamenta que "a única resposta directa" da Xunta foi "un non toca" por parte do responsable de Sanidade. "A pesar do bo talante co que tomou posesión do cargo Almuiña, vemos que non era máis que boas palabras e palmadiñas no ombreiro que non levan consigo accións concretas", censurou así a actuación do conselleiro.
Neste escenario, Satse advertiu de que en setembro, o mes no que se celebrarán as eleccións galegas, retomará as iniciativas que estivo a realizar os últimos meses. Así, seguirá informando a todos os profesionais afectados "de como a Xunta e o Sergas rexeitan a reactivación da carreira profesional" malia que os seus homólogos noutras comunidades, como Asturias e Baleares, si o fixeron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.