Temas: LOS SUAVES

Axl Rose substituirá a Yosi á fronte de Los Suaves

O cantante estadounidense convértese no interino por excelencia das bandas de rock.

Por GcToday | Ourense | 04/09/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Se fai uns meses xurdira o ruxe-ruxe era que Yosi substituiría a Brian Johnson como cantante de AC/DC  foi ao final foi Axl Rose quen lle quitou o posto na banda australiana.

Axl Rose cantando con Los Suaves
Axl Rose cantando con Los Suaves | Fonte: temposgalegos

Agora vimos de coñecer que, tralo percance que tivo Yosi a pasada semana no seu concerto en Santander, é agora Axl quen se ofrece a substituilo para compensar a mágoa que tivo o cantante ourensán cando éste lle quitou o posto nos AC/DC.

Yosi, que aínda está convaleciente da súa caída, agradece a Axl a súa predisposición e fontes próximas comentan que o axudará en todo o que poida para integrarse rapidamente á fronte do grupo e rematar a xira que están a levar.

Temas: LOS SUAVES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta